23 xuño 2015

Nos tamén poñemos notas...

Na última reunión do Club dimos notas aos libros lídos, e este é o resultado:

- El asesino de la corbata y Cazadores de Sombras suspenderon, so un 4 ( aínda que algúns membros non o crean)
- El Hobbit quedase cun 5 "raspadiño"
- 13 perros e Como ser popular sacan un 6 (parece que nos vai a comedia)
- El niño con el pijama de rayas, obtivo un 8 de media e convértese no gañador.

(Álvaro)
Grafitti-Jay-Mantri-600x400

10 xuño 2015

Non te fies da portada...


Non hai dúbida: Este é o libro coa portada menos suxerente dos que limos ata o de agora... 
O aspecto da portada, cursi, algo infantil nos suxiriu unha lectura so para nenas, simple e aburrida...e sen embargo resultou ser un libro ben entretido, divertido, simpático e según descubrimos na reunión do club ...escrito por unha autora novísima... de 16 anos! Maya Van Magenen.



13 Perros


Pois ao parecer este é un dos libros que máis gustou polo de agora.
Despois de facer os chistes oportunos sobre as comparacións cos famosísimos 101 dálmatas, todos estivemos de acordo en dicir que o libro é: entretido, con algún giño humorístico, nin corto nin longo, de acción permanente, cun final inesperado que non se desvela ata a última páxina...
Intentamos imaxinar o aspecto físico do autor Fernando Lalana...fomos descubrindo unha foto pouco a pouco e... ninguén acertou!
Xa de paso usamos un buscador de libros e acordamos que o seguinte título será: Como me convertí en popular de Maya Van Wagenen