24 xuño 2017

Viaxe a Ortigueira (3)

Despois dun día ben completo en Ortigueira, onde tamén houbo tempo para xogos e paseo á praia, voltamos a Ferrol. É ben certo que pertencer a un club de lectura posibilita moitas experiencias!!







Viaxe a Ortigueira (2)

En Ortigueira visitamos a Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre, moi ben guiados pola bibliotecaria quen, pacientemente, nos deu información do edificio e atendeu todas as nosas preguntas. Ademais agasallounos con exemplares dos Bolechas en Ortigueira: Grazas!!









Viaxe a Ortigueira (1)

A última actividade do Club de Lectura foi unha viaxe en tren a Ortigueira







X Xornadas Clubs de Lectura (3)


O escritor César Mallorquí





Xabier Díaz&Adufeiras de Salitre


X Xornadas Clubs de Lectura (2)

Óscar López (de Página dos) coa escritora  Ledicia Costas


Coa bloggeira Violeta Moon









X Xornadas Clubs de Lectura (1)


O 17 de xuño celebrouse en Santiago o X aniversario dos Clubs de Lectura escolares e o noso instituto, como non! participou dos actos organizados para a ocasión.

Foi un día inesquecible e o único "pero" é que non puideron participar todos os membros do club por estar o aforo limitado.





Os doce afortunados e afortunadas que puideron asistir, así como a profe acompañante, viviron unha xornada chea de emocións e proba diso é a pequena selección de fotografías que se achega








Premio Clubs de Lectura a Miguelanxo Prado


Novos libros!

En maio chegaron os novos libros que mercamos. Un monstro vén a verme de Patrick Ness e Nubes de evolución de Andrea Maceiras, mais El señor del cero de María Isabel Molina que nos prestaron os compañeiros do Club de Lectura do IES Fernando Esquío de Neda. Xa nos contarán!!





                                         

Abril, mes dos libros!

En abril houbo Claustros e Consellos Escolares que impediron celebrar as reunións previstas, con todo, os lectores e lectoras do noso club participaron, como todo o alumnado do IES, na xornada de maratón de lectura que se celebrou o día 28 na biblioteca. 

A temática elixida foi o amor en todas as súas variantes e escoitalos recitar textos en galego, castelán, inglés e francés de diferentes autores, clásicos e contemporáneos, un pracer. Parabéns!