05 xuño 2018

Un monstro vén a verme



O alumnado de 1º de ESO que participou no Club de Lectura leu a novela Un monstro vén verme. A partir da súa lectura, reflexionaron sobre os monstros que todos temos no noso interior e que debemos recoñecer e vencer mediante actitudes positivas. Coa axuda dunha presentación fomos comentando o argumento da obra e toda a súa simboloxía e concluímos que a ficción axuda a entender a realidade, as persoas non somos sempre boas nin sempre malas e que as aparencias enganan. O libro ten como protagonista un neno que vive un momento complicado: sabe que a nai vai morrer de cancro e ten sentimentos de culpa por desexar que todo remate dunha vez. Ademais, seu pai ten outra familia lonxe e non vai facerse cargo del e, por se isto fose pouco, séntese invisible no instituto e hai rapaces que o acosan. Refúxiase na fantasía dunha árbore que se converte en monstro e que coas súas historias lle vai axudar a afrontar a situación e lle dá ferramentas para poder repoñerse, porque t odos somos capaces de saír adiante incluso despois dos dramas. O libro gustou en xeral pese a que lles resultou demasiado triste. Coido que pese a iso foi unha lectura acertada porque está ben que se poñan na pel de quen sofre acoso ou está pasando por un proceso de perda dun familiar cercano e que reflexionen sobre cal debería ser a súa reacción, como afectados ou como amigos.

Estas son as fotos:








Ningún comentario:

Publicar un comentario