domingo, 1 de julio de 2018

PRESENTACIÓNS UN MONSTRO VÉN A VERME E AS LÁGRIMAS DE SHIVA

Para rematar este curso queremos compartir as presentacións que fixo Mercedes López, a profesora que levou o club de 1º de ESO.

Estes son os enlaces:

Un monstro vén a verme

As lágrimas de Shiva

domingo, 17 de junio de 2018

EXPOTAKU II

Moitos xogaron a videoxogos:





Foi un gran día de convivencia do club de lectura do IES Ferrol Vello










EXCURSIÓN A EXPOTAKU I


O venres 25 de maio fomos á feira de Anime, cosplay e gaming ExpOtaku, todos os membros do noso club estaban moi ilusionados e parece que a excursión cubriu expectativas.

Tivemos alumnas que foron disfrazadas, moitos dos membros xogaron a quiditch, todos disfrutaron desta feira sobre manga, anime, Harry Potter, xogos,... Estivemos dende as 10  da mañá ata as 5 da tarde pero se o próximo ano imos, intentaremos quedar ata a hora de peche porque quedamos con ganas de máis.









Outros xogaron ao quiditch


Participaron en concursos...




jueves, 7 de junio de 2018

LIBROS DO 3º TRIMESTRE

Como vedes tiña moitas novedades sen engadir ao noso clube de lectura e estounas comentando de xeito desordenado.

O alumnado do club de lectura de 1º  e 4º tamén fixeron a súa reunión do segundo trimestre pero aínda non teño as fotos nin o comentario sobre os libros.
O que si vos podo adiantar é que para o segundo trimestre eliximos os libros xa hai tempo pero esquecín comentalo aquí.
Para 1º da ESO temos "Escarlatina a cociñeira defunta" de 
Ledicia  Costas, unha novela de humor terrorífico






















Para 2º e 3º, "Valkiria: game over" de David Lozano, unha novela de suspense para pasaro ben, para evadirnos, para imaxinar, para dubidar...

















Para 4º, "Marina" de Carlos Ruiz Zafón, misterio en Barcelona.

XUNTANZA CLUBS DE LECTURA E DE CIENCIA DO IES SOFÍA CASANOVA COS CLUBS DO IES FERROL VELLO

O martes 8 de maio tivemos unha tarde de convivencia co noso club de ciencia e cos clubs de ciencia e lectura do IES Sofía Casanova.




Fomos un montón de colegas, profes e membros dos clubs, xantamos xuntos grazas a María e Mónica que nos prepararon unha riquísima comida




 Despois de xantar estivemos visitando os distintos proxectos do club de ciencia do IES Ferrol Vello.




Un destes proxectos está realizado por tres alumnas do noso club de lectura, Elena, Mariña e Angélica, elas fan reseñas dos libros que len y pásanas a código QR.


A verdade é que o pasamos x
enial fixemos amigos e amigas do IES Sofía Casanova e xa nos invitaron para ir nós o curso que vén. Incluso temos unha medalla conmemorativa feita coa nosa impresora 3D:







CORAZÓN DE TINTA

Os membros do club de lectura de 2º e 3º decidimos ler Corazón de Tinta de Cornelia Funke, fomos osados xa que é un libro de 600 páxinas pero a historia ben merece o esforzo. 

Por fin conseguimos rematalo e reunirnos o 10 de maio para comentalo.

Unha breve biografía da autora:
Cornelia Funke é unha autora e ilustradora alemá que naceu o 10 de decembro de 1958 en Westfalia, Alemania. Aínda que de pequena quería ser astronauta, vivir cos indios americanos e moitas cousas fantásticas, formouse como educadora e como ilustradora na Escola de Deseño de Hamburgo, ademais de deseñadora de xogos de mesa foi varios anos traballadora social (parece ser que esta experiencia inspíraa para algúns personaxes e historias dos seus libros) . Iniciouse no mundo editorial gracias ao seu labor como ilustradora e como guionista do canal alemán ZDF (no programa Siebenstein), pero pronto deixou os pinceis para empezar a escribir contos e novelas. 

No ano 2000 publicou O señor dos ladróns, unha obra xuvenil que triunfou a nivel internacional e que serviu como precedente ao éxito que chegaría a obter coa súa coñecida saga do Mundo de tinta. A primeira novela desta saga, Corazón de tinta, foi adaptada ao cine en 2005. A serie do Mundo de tinta obtivo diversos premios, entre eles o premio Booksense estadounidense á mellor novela infantil en 2006.


A novela Corazón de tinta é a primeira da triloxía Mundo de tinta. Está chea de fantasía, aventuras e amor polos libros. En cada capítulo temos unha cita dun clásico que está relacionado co que vai ocurrer e esperta a curiosidade e o dexeso de ler libros marabillosos. 

A protagonista é una persona con la que cualquier amante de los libros puede sentirse identificado. Es unha moza que vive feliz co seu pai e os seus libros ata que un estraño personaxe trae de volta o pasado e faina descubrir o don ou a maldición que seu pai mantiña en secreto e que cambiou as súas vidas.

Aquí tedes o tráiler da película basada nesta novela e unhas fotos da nosa reunión.













martes, 5 de junio de 2018

Un monstro vén a verme



O alumnado de 1º de ESO que participou no Club de Lectura leu a novela Un monstro vén verme. A partir da súa lectura, reflexionaron sobre os monstros que todos temos no noso interior e que debemos recoñecer e vencer mediante actitudes positivas. Coa axuda dunha presentación fomos comentando o argumento da obra e toda a súa simboloxía e concluímos que a ficción axuda a entender a realidade, as persoas non somos sempre boas nin sempre malas e que as aparencias enganan. O libro ten como protagonista un neno que vive un momento complicado: sabe que a nai vai morrer de cancro e ten sentimentos de culpa por desexar que todo remate dunha vez. Ademais, seu pai ten outra familia lonxe e non vai facerse cargo del e, por se isto fose pouco, séntese invisible no instituto e hai rapaces que o acosan. Refúxiase na fantasía dunha árbore que se converte en monstro e que coas súas historias lle vai axudar a afrontar a situación e lle dá ferramentas para poder repoñerse, porque t odos somos capaces de saír adiante incluso despois dos dramas. O libro gustou en xeral pese a que lles resultou demasiado triste. Coido que pese a iso foi unha lectura acertada porque está ben que se poñan na pel de quen sofre acoso ou está pasando por un proceso de perda dun familiar cercano e que reflexionen sobre cal debería ser a súa reacción, como afectados ou como amigos.

Estas son as fotos: