Aquí temos fotos e vídeo:
Aquí temos fotos e vídeo:
O libro é unha viaxe histórica e xeográfica a través da vida desta espía, Alemania, China, Suiza, URSS, Reino Unido...
Aprendemos da vida das comunidades estranxeiras en Asia, da espionaxe no periodo de entreguerras, durante a segunda guerra mundial, a vida dos exiliados xudeus en Reino Unido, da carreira para conseguir a bomba atómica... Para min foi un libro que explica moito da historia e que, tristemente, lembra e axuda a entender o que está pasando en Europa na actualidade.
Dende a perspectiva de xénero podemos ver os problemas de conciliación familiar, que ademais de falta de tempo para atender aos fillos, hai que engadir que se Sonya-Úrsula é descuberta a súa familia corre perigo de morte. Por outro lado, a mellor tapadera para a espía é ser muller e nai. Aquí a temos cos seus fillos e filla.
Sobre o autor: BEN MACINTYRE,( 25 de decembro de 1963, Oxford, Reino Unido) é columnista e editor asociado en The Times, diario para o que tamén traballou como corresponsal en Nueva York, París e Washington. É autor de O axente Zigzag, a verdadera historia de Eddie Chapman, el espía más asombroso de la segunda guerra mundial (2009), O home que nunca existiu. Operación Carne Picada, a historia do episodio que cambiou o curso da segunda guerra mundial (2010), A historia secreta do día D, a verdade sobre os superespías que engañaron a Hitler (2013), Un espía entre amigos, a gran traición de Kim Philby (2015), Os hombres do SAS, Héroes e canallas en el cuerpo de operaciones especiales británico (2017), Espía e traidor, a maior historia de espionaxe da guerra fría (2019) e Axente Sonya (2021).