A novela que eliximos para a transición entre o curso 22/23 e 23/24 foi O souto dos catro ventos.
É unha novela que transcorre en dúas épocas: comezos do século XIX, esta parte é unha novela histórica e romántica, e a actualidade, unha novela de crime e misterio.
Temos unha reflexión moi positiva dunha lectora que desfrutou da novela polas paisaxes, os feitos históricos, personaxes e historias particulares. Resalta a Marina a protagonista da época do século XIX, pola súa determinación e forza para opoñerse e loitar contra as leis sociais da época que non permitían ás mulleres ser donas da súa vida.
Hai opinións que sendo menos favorables recoñecen que é un libro agradable de ler aínda que algúns aspectos da trama non son moi cribles, pero como ocorre con todos os libros dános para pensar e reflexionar.
Todos o que o limos estamos de acordo en que a ambientación é todo un acerto, e isto levounos a facer unha ruta literaria polos sitios onde se desenvolve. Visitamos o mosterio de Oseira, Ourense e Santo Estevo de Ribas de Sil.
Tamén visitamos a igrexa rupestre de San Pedro de Roca, escavada baixo o monte Barbeirón. Non aparece na novela pero estaba cerca e paga moitísimo a pena visitala. É o conxunto monacal más antigo de Galicia. Tanto a paisaxe como a construcións son marabillosas.
Aquí tedes fotos desta ruta literaria.
Tivemos unha visita guiada ao mosterio de Oseira pero antes paseamos polo seu precioso entorno e dentro visitamos a botica onde ocorren episodios moi importantes da novela.
Os antigos fornos do mosteiro |
A casa do alguacil |
As Burgas |