22 abril 2022

O CASO DO FALSO ACCIDENTE

 



Este é o libro que lemos en 4º de ESO. Este foi un curso moi ocupado, e coa afección ao manga xa non limos máis narrativa.

Neste enlace tedes un vídeo cun resume da novela

Jordi Sierra I Fabra (Barcelona, 1947) dirixiu as principais revistas de música rock nos anos setenta. Ten publicadas máis de trescentas novelas, recibiu numerosos premios literarios, sendo o autor infantil e xuvenil que máis libros ten vendido en España e en grande parte de Latinoamérica. En galego ten publicado as seguintes obras: O gardián da lúa (1994); ¡¡¡Lamberto!!! (1995); A nave fantástica (1996); Aydin (1995), Premio Edebé de Literatura Infantil; Nun lugar chamado guerra (2003); Os meus irmáns e mais eu (2003); Son especial para os meus amigos (2003); ¿Que serei de maior? (2003); Durmido sobre os espellos (2003); Chamando ás portas do ceo (2006), Premio Edebé de Literatura Xuvenil; Do outro lado do espello (Xerais 2007), Premio Ramón Muntaner 2003 e Premio Protagonista Jove 2005.

01 abril 2022

LUCY Y ANDY NEANDERTAL

 


                                    



O autor é Jeffrey Brown, orixinario de Michigan, Estados Unidos, cuxos cómics foron principalmente autobiográficos. En obras como ’Torpe’, Piltrafilla’, ‘Pequenas cousas’, ‘Escenas indelebles’ (todos eles editados por La Cúpula), entre outros. A súa paternidade levoulle a obras como ’De pais e fillos’, e posiblemente tamén fixese que se lle enciendera a lámpada para o que foi o seu maior éxito: a serie Darth Vader e fillos’ (Planeta). 

Lucy e Andy Neandertal segue a un pequeno clan de neandertais para describir as súas aventuras, pero sobre todo a súa vida cotiá: temas como a alimentación, a caza do mamut, a vestimenta, a fabricación de ferramentas, a saúde, o coidado dos nenos ou as primeiras pulsións artísticas, ata o encontro cos *homo sapiens*, cos que os neandertales conviviron, polo que se ten noticia. Para iso, o autor fíxase especialmente nos nenos do clan, Lucy e Andy (todos os personaxes levan nomes actuais, nunha especie de divertida chiscadela anacrónica… ou quizá unha homenaxe aos Picapiedra) e nas súas pequenas liortas: os intentos de Andy por gustar á moza do outro clan, ou as dores de cabeza que provoca a ambos o coidar do seu irmán pequeno.
Brown atopou por fin a maneira de facer un cómic costumista que, á vez, sexa interesante. E conseguiuno usando como principal ferramenta o didactismo. Lucy e Andy Neandertal é un cómic dirixido aos mozos lectores para ofrecerlles, desde o entretemento, unha xenial lección de antropoloxía, que non me estrañaría que partise dun encargo institucional ou dunha bolsa artístico-científica.

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

 O día 21 de marzo é o día mundial do Síndrome de Down e a nosa compañeira Sara celebrouno no noso instituto.  Todos os membros da comunidade escolar compartimos a celebración con ela e aquí temos as fotos.