22 outubro 2021

LIBROS PRIMEIRAS SESIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA 20/21

O club de lectura do IES Ferrol Vello arranca este curso cos seguintes libros:

Club de 4º de ESO: O primeiro libro que imos ler é: " O caso do falso accidente. Berta Mir detective" de Jordi Sierra i Fabra.

Berta Mir é unha moza de dezaoito anos, co seu grupo de música, cos seus amigos, cos seus amores, coas súas dúbidas, coas súas inquedanzas…; pero a vida daralle un xiro inesperado: seu pai, detective privado, sofre un gravísimo accidente de coche, froito dun intento de asasinato. Berta deverá loitar contra o reloxo e resolver, botando man da súa afouteza e enxeño, os tres casos que seu pai estaba a investigar: un pai que fai seguir o fillo para evitar que tome drogas, unha moza que fuxiu da casa co mozo, e unha muller que engana o seu marido… 





Club de 3º de ESO: "Aire negro" de Agustín Fernández Paz. 

Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor conseguirá que Laura rememore o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para destruírnos.



Club de 2º de ESO: "Lucy y Andy neandertal" de Jeffrey Brown. 

Los protagonistas son Lucy y Andy, dos hermanos que viven junto a su familia en la Edad de Piedra. El libro, en formato cómic en blanco y negro, narra sus aventuras del día a día, desde sus padres a sus amigos pasando por las pinturas en las cuevas, la búsqueda de la caza, su alimentación… Hasta vivir un episodio realmente fascinante: el descubrimiento de otro grupo de humanos, diferentes a ellos.


Club de 1º de ESO: "A balada dos unicornios", de Ledicia Costas:


A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.





Club de Manga: "Doraemon", Volúmenes de 0 a 6, escrito e ilustrado por Fujiko F. Fujio


Doraemon es un gato robot cósmico azul que viene del futuro como amigo de  Nobita, un chico muy perdido entre los estudios, algo torpe con sus amigos,  desafortunado, vago, holgazán y desgraciado. Doraemon viene del siglo XXII y  ayudará a Nobita en todos sus problemas cotidianos con sus padres y amigos con  la ayuda de sus inventos que saca de un bolsillo mágico blanco pegado a su  barriga.





Club de Maiores: "El prisionero del cielo" de Carlos Ruiz Zafón.

Barcelona, 1957. Daniel Sempere y su amigo Fermín, los héroes de La Sombra del Viento, regresan de nuevo a la aventura para afrontar el mayor desafío de sus vidas.
Justo cuando todo empezaba a sonreírles, un inquietante personaje visita la librería de Sempere y amenaza con desvelar un terrible secreto que lleva enterrado dos décadas en la oscura memoria de la ciudad.






Compartimos coa biblioteca o club de colaboración e decoración e comezamos por decorar a biblioteca para o Samaín. Quedounos estupenda.