21 decembro 2023

NADAL NO FERROL VELLO

 

As actividades que tivemos este curso resúmense neste cartel.

Decoración de puertas:

Postais do departamento de Plástica:


 

Concurso de doces:


Entrega de premios:


















 


01 decembro 2023

EL ATENTADO

 






A segunda novela do curso foi El atentado de Yasmina Khadra. Fixemos a elección coa idea de aprender sobre a situación en Israel. O libro está centrado no personaxe do doctor Amín Jaafari, israelí de orixe palestino que parece que está integrado en Israel ata que un suceso pon a súa vida literalmente patas arriba.

Foi unha novela da que gustamos todos, aprendemos sobre esa parte do mundo e, sobre todo, tivemos unha perspectiva que para a maioría era totalmente descoñecida.

Gustounos o estilo pero en canto ao desenvolvemento da trama houbo certos aspectos nos que para algúns non era crible, para outros totalmente explicable, incluso co remate pasou así: algúns pensamos que era rebuscado e outros que era un remate redondo.

Estivemos de acordo en que é unha situación terrible, o autor intenta que entendamos a desesperanza, a dor e a indignación que se vive nesta terra e aínda que é inimaxinable para nós si que veremos as noticias dende outro punto de vista.

Sobre o autor: Yasmina Khadra
 
En 2001revelou, tras anos xogando ao despiste, que tras o nombre do que ata entón se cría era unha escritora argelina de fama creciente escondíase en realidade un home. Máis aínda: quen estalou todos os estereotipos escribindo baixo seudónimo femenino (o nome da súa esposa), algo que  nun país árabe e machista xa supuña todo un escándalo, non era un home cualquera. Yasmina Khadra é en realidade Mohamed Moulessehoul, nadi en Kenadsa, Arxelia  en 1955, un militar de carreira que cando revelou a súa verdadeira identidad chegara a comandante. NoExército, combateu o islamismo na súa Arxelia natal na terrible década de 1990.  Escribe en francés e actualmente vive en Francia.

A novela ten versión en novela gráfica:




Tamén se fixo unha película baseada na novela, aquí tedes o trailer:



Enlaces a entrevistas ao autor:







25 NOVEMBRO: NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.



 Tristemente máis necesario que nunca, este curso conmemoramos o 25 N.

Dende a biblioteca suxerimos actividades para as titorías.

O departamento de Inglés fixo uns interesantes Wordarts 







O departamento de dinaminación lingüística empapelou o centro cuns cartés chulísimos.











O club colaborador da biblioteca decorou a porta e fixo un mural




 

 

O departamento de Bioloxía co alumnado de 1º de ESO fixo iogures contra a violencia de xénero.