O 24 de maio reunímonos para falar dun novo libro: Panza de burro, de Andrea Abreu. Coñecino porque é un dos favoritos da nosa compañeira Mïriam e por iso decidín poñelo como lectura para este mes, a maioría pensamos que foi un gran acerto porque, entre outras cousas, é un libro totalmente diferente ao leído por nós ata agora.
A autora, Andrea Abreu é moi nova, naceu en 1995 en Tenerife, polo que podería ser filla dalgúns dos membros do club e alumna de todos os que son docentes e penso que a súa xuventude inflúe en que sexa tan novedoso para nós.
É unha novela que narra un verán de dúas nenas de 10 anos, que están pasando da infancia á adolescencia, toda a historia está marcada polo amor e deslumbramento que sente unha delas pola outra, polo desequilibrio desa relación.
Está escrito trasladando a linguaxe oral da zona de Tenerife onde transcorre, o que fai que pareza máis real e que se sinta que é a nena de verdade a que está contando o que lle pasa.
Ademais da forma, o contido é novidoso, é unha forma nova de escribir o que lle ocorre ás protagonistas, dende un punto de vista feminino, descarnado e sen eufemismos.
Houbo membros que gustaron máis e outros que gustaron menos da novela pero todos estivemos de acordo en que mereceu a pena lela porque nos acercou á unha forma de narrar que non coñecíamos.
Atopei esta entrevista a Andrea Abreu no xornal A Vanguardia, penso que é moi conveniente lela porque ilustra a novela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario