25 novembro 2022

25 de NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Xa tivemos outra das conmemoracións máis importantes do ano, a do 25 N, día para concienciar  da violencia contra a muller.

 As actividades foron propostas dende a colaboración do departamento de orientación e a biblioteca, coa participación de todo o centro e o traballo dos titores.

Na biblioteca o noso alumnado colaborador fixo carteis para colgar na nosa árbore: Frases que reflicten comportamentos dentro dunha relación e que se catalogarían como red flags, en vermello, ou green flags en verde.






Nas titorías tamén traballaron coas bandeiras vermellas e verdes, visionaron vídeos sobra a escalera da violencia nunha relación e escribiron manifestos que foron lidos no patio o 25 N xunto cun minuto de silencio.







Ningún comentario:

Publicar un comentario