28 outubro 2022

INTEMPERIE

 



Xa tivemos a segunda reunión do club de lectura Elvira Lacaci, nesta ocasión comentamos Intemperie de Jesús Carrasco.

Todos os membros do club coincidimos en que é unha novela moi dura polo argumento pero destacamos a importancia da paisaxe e do clima na trama, son dous personaxes máis que martirizan ao neno e ao pastor, os protagonistas.

Quedamos abraiados polo poder das descripcións de Jesús Carrasco, chegamos a sentir a sede, o po, a inclemencia do sol. 

Tratar deste libro levounos a tratar moitos temas, dende en que época pensamos que transcorre a acción, como era a vida dos nenos nesa época, como é agora, como eran as familias e como son agora... 
Os personaxes son tan arquetípicos que vimos no neno os nenos que tiveron que emigrar no noso país a mediados do século pasado e os menores que chegan a España en pateras, camións ...

Neste club xa leramos Lévame a casa, do mesmo autor pero é totalmente diferente, non parece ser o mesmo autor, houbo quen dicía que lle gustara máis o primeiro pero todos estivemos de acordo en que a forma deste é moito máis orixinal e sorprendente.

A novela foi adaptada ao cine por Benito Zambrano con Luis Tosar interpretando ao pastor. 

En este enlace podéis ver el trailer.

Javi Rey fixo una novela gráfica basada en intemperie. 
En este enlace tenemos un vídeo.


Aquí tedes un pouco  da biografía do autor.

Jesús Carrasco nació en Badajoz en 1972 y en 2005 se trasladó a Sevilla, donde reside en la actualidad. 

Intemperie lo ha consagrado como uno de los debuts más deslumbrantes del panorama literario internacional, y ha sido galardonada con el Premio Libro del Año otorgado por el Gremio de Libreros de Madrid, el Premio de Cultura, Arte y Literatura de la Fundación de Estudios Rurales, el English PEN Award y el Prix Ulysse a la Mejor Primera Novela.
 
Ha quedado finalista del Premio de Literatura Europea en Holanda, del Prix Méditerranée Étranger en Francia, y de los premios Dulce Chacón, Quimera, Cálamo y San Clemente en España. 

Elegida como Libro del Año por El País en 2013 y seleccionada por The Independent como uno de los mejores libros traducidos de 2014 en Reino Unido, Intemperie ha sido traducida a una veintena de lenguas y ha sido adaptada al cine por Benito Zambrano. 

Su segunda novela, La tierra que pisamos (Seix Barral, 2016), «una novela poderosa, tan conmovedora como escalofriante» (J. A. Masoliver Ródenas, Cultura/s), ha sido galardonada con el Premio de Literatura de la Unión Europea 2016.

En febrero de 2021 publicó Llévame a casa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario