16 xuño 2023

A CEGADORA LUZ DE DÚAS ESTRELAS VERMELLAS: O caso dos cadernos de Nadia e Víktor

 


O martes tivemos a reunión co grupo de 1º de ESO  para falar de A Cegadora Luz de dúas estrelas vermellas. Mediante un diario escrito por Nadia e o seu irmán Víktor cóntanos como viven dous nenos a invasión de Rusia e o cerco de Leningrado por parte dos nazis. É unha novela histórica e de aventuras. Disfrutamos e sufrimos moito lendo, cada un tiñamos os nosos personaxes preferidos. Este é un grupo con moito espírito crítico e houbo quen pensó que aínda que Víktor é un dos protagonistas é demasiado violento e un personaxe sen matices. De todas as maneiras, aprendemos moito e pensamos que é incrible que a estas alturas da historia hai nenos que están pasando polo mesmo agora mesmo.

Este é o argumento:
Leningrado, 1941. Os xemelgos Víktor e Nadia teñen doce anos cando a Alemaña de Hitler lle declara a guerra á Unión Soviética. En poucos días todos os nenos da cidade son evacuados en trens especiais para poñelos a salvo do avance inimigo.
Porén, Víktor e Nadia acaban por erro en trens distintos, e pérdense a pista o un ó outro. Ambos comezan a escribir nos seus cadernos o que sucede a medida que avanza o inimigo: o xélido inverno, a fame, as bombas… pero tamén a calor da amizade e a forza da esperanza. Mentres Nadia se ve defendendo unha posición clave para a resistencia soviética, Víktor atravesa a pé boa parte do territorio ruso, afrontando todo tipo de perigos. Co asedio de Leningrado como fondo, a Grande Historia entrelázase coa destes irmáns.

O autor é Davide Morosinotto que naceu en 1980, preto de Padua (Italia). Sempre quixo ser escritor e, de neno, durante as horas de clase, imaxinaba incribles aventuras e mundos fantásticos. Morosinotto vive en Boloña desde hai moitos anos. Publicou numerosos libros xuvenís e, ademais, é periodista e tradutor de videoxogos. Sente debilidade polos lugares fríos e chuviosos. Encántalle pasear por cidades descoñecidas e un dos seus soños é dar a volta ao mundo coa súa moto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario