19 xuño 2023

JOJO'S

 



Este curso volvemos ter club de Manga e estivo centrado en Jojo's. Xa tiñamos as primeiras series pero adquirimos as seguintes. 

JoJo's Bizarre adventure (ジョジョの奇妙な冒険 JoJo no Kimyō na Bōken, lit. A estraña aventura de JoJo) é unha serie de banda deseñada xaponesa, manga, escrita e ilustrada por Hirohiko Araki, cuxa publicación comezou en 1987. Actualmente, JoJo's Bizarre Adventure consta dun total de 121 volumes, pero aínda segue en publicación.

Conta a historia da familia Joestar e dos seus descendentes, que serán identificados cunha marca de nacemento nas costas en forma de estrela. O nome da serie fai referencia ao alcume que reciben todos os protagonistas das distintas temporadas, xa sexa coma resultado de xuntar a primeira sílaba dos seus nomes coa primeira dos seus apelidos, (Jonathan Joestar, Giorno Giovanna...) ou doutras variantes, coma no caso de Kujo Jotaro, ao que chaman Jojo pola repetición da sílaba "jo" (ジョ) dúas veces seguidas no seu nome.

A trama xirará en torno ao deber da familia de afrontar perigos paranormais usando uns poderes que cada un deles ten.

17 xuño 2023

ÁGATHA CHRISTIE: A RATEIRA

 


O xoves tivemos a última reunión do club de lectura de adultos, despos de ler unha novela tan intensa e dunha autora tan nova como Andrea Abreu, cambiamos por completo e lemos un xénero distinto: teatro dunha autora eterna, pero que viviu ata 1976.

A Rateira é unha obra de teatro, o que fixo que tivéramos que cambiar o xeito de imaxinar o que leiamos, é unha obra policiaca, e de todos os asistentes, só unha non se sorprendeu do final.

 A Rateira comezou a súa vida como unha pequena radionovela escrita como agasallo de aniversario da reina Mary, a consorte do rei George V. Emitiuse o 30 de maio de 1947 co nome Tres ratos cegos. A historia partiu do caso real de Dennis O’Neill, que morreu despois de que el e o seu irmán Terence sufriran abusos extremos mentres estaban nun acollemento familira cun labrego de Shropshire e a súa muller en 1945.

Foi representada  en londres ininterrumpidamente dende outubro 
de 1952 ata marzo de 2020, que foi interrumpida polo Covid, pero volveu representarse, aquí tedes o enlace por se queredes comprar entradas, a verdade é que ao grupo de adultos apeteceunos viaxar a Londres para ver a obra aínda que saibamos quen é o asasino, ou asasina...

A Rateira aínda se representa en Londres



16 xuño 2023

A CEGADORA LUZ DE DÚAS ESTRELAS VERMELLAS: O caso dos cadernos de Nadia e Víktor

 


O martes tivemos a reunión co grupo de 1º de ESO  para falar de A Cegadora Luz de dúas estrelas vermellas. Mediante un diario escrito por Nadia e o seu irmán Víktor cóntanos como viven dous nenos a invasión de Rusia e o cerco de Leningrado por parte dos nazis. É unha novela histórica e de aventuras. Disfrutamos e sufrimos moito lendo, cada un tiñamos os nosos personaxes preferidos. Este é un grupo con moito espírito crítico e houbo quen pensó que aínda que Víktor é un dos protagonistas é demasiado violento e un personaxe sen matices. De todas as maneiras, aprendemos moito e pensamos que é incrible que a estas alturas da historia hai nenos que están pasando polo mesmo agora mesmo.

Este é o argumento:
Leningrado, 1941. Os xemelgos Víktor e Nadia teñen doce anos cando a Alemaña de Hitler lle declara a guerra á Unión Soviética. En poucos días todos os nenos da cidade son evacuados en trens especiais para poñelos a salvo do avance inimigo.
Porén, Víktor e Nadia acaban por erro en trens distintos, e pérdense a pista o un ó outro. Ambos comezan a escribir nos seus cadernos o que sucede a medida que avanza o inimigo: o xélido inverno, a fame, as bombas… pero tamén a calor da amizade e a forza da esperanza. Mentres Nadia se ve defendendo unha posición clave para a resistencia soviética, Víktor atravesa a pé boa parte do territorio ruso, afrontando todo tipo de perigos. Co asedio de Leningrado como fondo, a Grande Historia entrelázase coa destes irmáns.

O autor é Davide Morosinotto que naceu en 1980, preto de Padua (Italia). Sempre quixo ser escritor e, de neno, durante as horas de clase, imaxinaba incribles aventuras e mundos fantásticos. Morosinotto vive en Boloña desde hai moitos anos. Publicou numerosos libros xuvenís e, ademais, é periodista e tradutor de videoxogos. Sente debilidade polos lugares fríos e chuviosos. Encántalle pasear por cidades descoñecidas e un dos seus soños é dar a volta ao mundo coa súa moto.


14 xuño 2023

PREMIOS DO CLUB DE CIENCIA DO IES FERROL VELLO

 


Coa fin de curso chega a época da colleita, hoxe volvemos a ter a biblio de gala para entregar os diplomas do club de ciencia do IES Ferrol Vello.
Fixemos actividades de Tecnoloxía, Física e Química, Bioloxía e Matemáticas. Aquí tedes fotos dos participantes.

















13 xuño 2023

BIG CHALLENGE

 


Hoxe tivemos festa grande na biblioteca: Entrega dos premios aos gañadores e concursante do BIG CHALLENGE.

O noso alumnado obtivo 4 de 4 premios provinciais, e 5º e 7º premios nacionais.

Aquí tedes fotos do evento:



















09 xuño 2023

XV XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA




 O pasado luns 6 de xuño tivemos a ocasión de participar as persoas mediadoras do noso

Club na XV Xordana dos Clubs de lectura organizada pola Asesoría de Bibliotecas

escolares no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

A Asesoría de Bibliotecas Escolares é o equipo integrado na Dirección Xeral de Ordenación

e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e

Universidades, que coordina todas as actuacións en materia de bibliotecas escolares e

fomento da lectura integradas no Plan LÍA de Bibliotecas Escolares.

Alí puidemos escoitar, entre outros, aos autores Manuel Núñez Singala, que foi galardonado

co “Premio Clubs de Lectura 2023” ou á poeta Olga Novo presa. Así como as experiencias

doutras persoas mediadoras en Clubs de lectura de toda Galicia.

07 xuño 2023

OUTRAS LECTURAS DO GRUPO 2


 

Trala lectura de “Momo, os membros do grupo 2 do Club de lectura propuxeron levar a cabo

lecturas de tipo individual e probar así un novo sistema. Esta vez, en lugar de falar nas nosas

reunións dunha mesma obra, poderiamos facernos pequenas recomendacións do que iamos

lendo e coñecer os gustos e puntos de vista das compañeiras e compañeiros para seleccionar

novas lecturas.

Para iso, a nosa mediadora creou un cuestionario onde puidemos reflexar os nosos gustos e

inquedanzas e propoñer algúns títulos. Dese cuestionario saíu esta lista:


- La ciudad de las bestias. Isabel Allende.

- Invisible. Eloy Moreno

- El diario de Ana Frank

El beso del Sahara. Gonzalo Moure

- Matilda. Roal Dahl

- A ratoeira. Agatha Christie

- Rebeldes. Susan E. Hinton

- Memorias de Idhun. Laura Gallego

- Antes de diciembre. Joana Marcús

- El gran sueño. Jordi Sierra i Fabra

- Oliver Twist. Dickens

-

Tivemos a sorte de contar coa meirande parte destas obras na nosa biblioteca. Así, entre nós

decidimos por onde comezar. Ata o de agora, fumos lendo:


1. INVISIBLE

Invisible é unha novela de Eloy Moreno que foi publicada no ano 2016. Céntrase na vida dun

rapaz chamado Pablo que loita por atopar o seu lugar no mundo, pois síntese invisible.

Pablo está enfrascado na súa rutina. A medida que a novela vai avanzando, vaise mergullando

nunha reflexión sobre o sentido da súa vida.

A través da personaxe de Pablo recoñeceremos un lote de emocións mentres o acompañamos

na busca da súa propia felicidade.


Sen dúbida, unha novela que queremos recomendar a calquera persoa da nosa comunidade

educativa pois, sen dúbida, fainos reflexionar sobre as nosa relaciçons interpersoais e o

impacto que podemos ter na vida doutras persoas.


2. O DIARIO DE ANA FRANK

O diario de Ana Frank é un deses clásicos que caeu nas nosas mans tras unha das nosas

reunións, falando dalgún libro que nos espertaba curiosidade pero non sabiamos se estabamos

preparadas para ler. Unha das nosas compañeiras de segundo foi quen se animou primeiro

cando a nosa mediadora comentounos que era o primeiros libros “de maiores” que lembra ter

lido á nosa idade.


O Diario de Ana Frank recopila os escritos persoais dunha nena xudía que viviu durante a

Segunda Guerra Mundial.

A súa familia escapou a Ámsterdam para escapar dos nazis. Nese tempo foi cando ela

comezou a escribir este diario, que a axudaba dalgún xeito a enfrentarse ás dificultades da súa

vida.

3. REBELDES

Un dos nosos compañeiros leva dende principios de curso falando deste libro. Por fin tivo a

oportunidade de lelo... E ten moi boa pinta!


Rebeldes é unha novela de S.E. Hilton que foi publicada en 1967. Sorprende, non? Pois

parece que non pasou de moda...

A historia desenvólvese en EEUU e segue as experiencias dun grupo de rapaces. O

protagonista é Ponyboy Curtis, un rapaz de 14 anos que vive cos seus irmáns, trala morte dos

seus pais.Ponyboy conta co seu mellor amigo, Johny. Os dous viranse involucrados nun

violento accidente polo que terán que fuxir e agocharse de todo.


Sabemos que existe tamén a peli de Coppola, mais polo de agora quedamos coa

recomendación do noso compi!