25 novembro 2022

25 de NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Xa tivemos outra das conmemoracións máis importantes do ano, a do 25 N, día para concienciar  da violencia contra a muller.

 As actividades foron propostas dende a colaboración do departamento de orientación e a biblioteca, coa participación de todo o centro e o traballo dos titores.

Na biblioteca o noso alumnado colaborador fixo carteis para colgar na nosa árbore: Frases que reflicten comportamentos dentro dunha relación e que se catalogarían como red flags, en vermello, ou green flags en verde.






Nas titorías tamén traballaron coas bandeiras vermellas e verdes, visionaron vídeos sobra a escalera da violencia nunha relación e escribiron manifestos que foron lidos no patio o 25 N xunto cun minuto de silencio.







04 novembro 2022

SAMAÍN E MAGOSTO NO FERROL VELLO










 
         



O venres 28 de outubro tivemos unha das festas favoritas no noso instituto: O Magosto xunto co Samaín.

Tivemos celebración na biblioteca, decorámola e escribéronse historias de medo en todas as linguas que falamos.

  
Disfrazamos a Huesi de ángel negro
                     
O noso alumnado tamén se disfrazou





Exposición de libros de medo








O departamento de Educación Física organizou uns xogos moi divertidos e pasámolo xenial: