24 febreiro 2022

3ª sesión do Club de lectura Elvira Lacacci. El olvido que seremo

                 




Nesta novela o autor narra a historia do seu pai, da súa familia e da Colombia daqueles anos.

Podedes atopar moitas reseñas da novela nas webs e blogs literarios.

Na reunión reflictimos que nos chamara moito a atención cantas capas tiña o libro, de máis externa a máis persoal:

  • É un libro no que aprendemos moito sobre os anos da violencia en Colombia. Todos sabiamos desta época pero puidemos ler de primeira man como foi.
  • a min gustoume moito e sorprendeume a concepción da práctica da medicina que tiña o protagonista, unha medicina  con perspectiva de loita pola igualdade social, dende a  mellora das condicións sanitarias nos barrios ata a mellora da alimentación nas familias.
  • A descripción dunha extensa familia de clase media alta con gran variedad de concepcións sobre relixión, responsabilidade coa propia familia, coa sociedade... Como estas distintas concepciones do pai e da nai son complementarias.
  • Gracias ao carácter e xeito de encarar a vida da nai, o pai pode permitirse ser quen é. Aquí introducimos a perspectiva de xénero que, é inevitable, está tamén nesta novela: as mulleres son as que aportan as solucións económicas para que os homes poidan vivir de acordo ás súas vocacións.
  • As relación persoais dentro da familia especialmente, os sentimentos do narrador.
Todos estivemos de acordo en canto ao interesante e canto aportan os puntos de vista tratados, pero en canto aos sentimentos, tivemos diferencias:

Unha parte da asitencia identificouse moito co narrador e sentiu moita emoción durante a lectura, houbo outra parte, que pensamos que era demasiado introspectivo.


Poño un par de enlaces a artigos e entrevistas que poden ilustrar a  novela





















Ningún comentario:

Publicar un comentario