07 xuño 2023

OUTRAS LECTURAS DO GRUPO 2


 

Trala lectura de “Momo, os membros do grupo 2 do Club de lectura propuxeron levar a cabo

lecturas de tipo individual e probar así un novo sistema. Esta vez, en lugar de falar nas nosas

reunións dunha mesma obra, poderiamos facernos pequenas recomendacións do que iamos

lendo e coñecer os gustos e puntos de vista das compañeiras e compañeiros para seleccionar

novas lecturas.

Para iso, a nosa mediadora creou un cuestionario onde puidemos reflexar os nosos gustos e

inquedanzas e propoñer algúns títulos. Dese cuestionario saíu esta lista:


- La ciudad de las bestias. Isabel Allende.

- Invisible. Eloy Moreno

- El diario de Ana Frank

El beso del Sahara. Gonzalo Moure

- Matilda. Roal Dahl

- A ratoeira. Agatha Christie

- Rebeldes. Susan E. Hinton

- Memorias de Idhun. Laura Gallego

- Antes de diciembre. Joana Marcús

- El gran sueño. Jordi Sierra i Fabra

- Oliver Twist. Dickens

-

Tivemos a sorte de contar coa meirande parte destas obras na nosa biblioteca. Así, entre nós

decidimos por onde comezar. Ata o de agora, fumos lendo:


1. INVISIBLE

Invisible é unha novela de Eloy Moreno que foi publicada no ano 2016. Céntrase na vida dun

rapaz chamado Pablo que loita por atopar o seu lugar no mundo, pois síntese invisible.

Pablo está enfrascado na súa rutina. A medida que a novela vai avanzando, vaise mergullando

nunha reflexión sobre o sentido da súa vida.

A través da personaxe de Pablo recoñeceremos un lote de emocións mentres o acompañamos

na busca da súa propia felicidade.


Sen dúbida, unha novela que queremos recomendar a calquera persoa da nosa comunidade

educativa pois, sen dúbida, fainos reflexionar sobre as nosa relaciçons interpersoais e o

impacto que podemos ter na vida doutras persoas.


2. O DIARIO DE ANA FRANK

O diario de Ana Frank é un deses clásicos que caeu nas nosas mans tras unha das nosas

reunións, falando dalgún libro que nos espertaba curiosidade pero non sabiamos se estabamos

preparadas para ler. Unha das nosas compañeiras de segundo foi quen se animou primeiro

cando a nosa mediadora comentounos que era o primeiros libros “de maiores” que lembra ter

lido á nosa idade.


O Diario de Ana Frank recopila os escritos persoais dunha nena xudía que viviu durante a

Segunda Guerra Mundial.

A súa familia escapou a Ámsterdam para escapar dos nazis. Nese tempo foi cando ela

comezou a escribir este diario, que a axudaba dalgún xeito a enfrentarse ás dificultades da súa

vida.

3. REBELDES

Un dos nosos compañeiros leva dende principios de curso falando deste libro. Por fin tivo a

oportunidade de lelo... E ten moi boa pinta!


Rebeldes é unha novela de S.E. Hilton que foi publicada en 1967. Sorprende, non? Pois

parece que non pasou de moda...

A historia desenvólvese en EEUU e segue as experiencias dun grupo de rapaces. O

protagonista é Ponyboy Curtis, un rapaz de 14 anos que vive cos seus irmáns, trala morte dos

seus pais.Ponyboy conta co seu mellor amigo, Johny. Os dous viranse involucrados nun

violento accidente polo que terán que fuxir e agocharse de todo.


Sabemos que existe tamén a peli de Coppola, mais polo de agora quedamos coa

recomendación do noso compi!

Ningún comentario:

Publicar un comentario