17 novembro 2019

O CLUB DE LECTURA CELEBRA 0 SAMAÍN

O venres pasado tivemos o magosto no noso centro, durante a semana do samaín os membros do club de lectura estivemos celebrándoo con cabazas, morcegos, caveiras, esqueletos e moito moito medo.







4º ESO. O NENO DO PIXAMA DE RAIAS



O Neno do pixama a raias
 John Boyne.

A pedimento do autor, non podemos contarche o miolo deste libro. Porén, queremos avisarche de que lerás a historia dun neno de 9 anos, que se atopará cun aramado. No mundo hai milleiros de aramados coma este. Agardamos que ti nunca te atopes con ningún e que, se o fas, teñas as forzas para librarte del.

A versión da que dispoñemos na biblioteca está en castelán, se alguén a prefire en galego, que nolo faga saber. A reunión será o xoves 28 de novembro.

2º ESO. VALKIRIA: GAME OVER



En 2º seguimos co misterio, leremos por petición dos membros do club:
Un mensaje en el móvil.
Un remitente desconocido.
La amenaza de que si no entras en el juego, un vídeo comprometedor llegará a la persona menos adecuada.
Tu relación, tu mundo e incluso tu propia vida están en peligro.
Tienes miedo.
Valkiria te ha elegido.
No puedes escapar. 

1º ESO: ESCARLATINA A COCIÑEIRA DEFUNTA



1º ESO: Escarlatina a cociñeira defunta de Ledicia Costas. 

Xa que viña o mes de defuntos e os membros do noso clube son afeccionados ao misterio eliximos este libro.

A reunión para tratar esta novela será o xoves 28 de novembro.

Ten todos estes premios e recomendacións:

Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 - Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 - Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 - Lista de Honra do IBBY, 2016 - Recomendado pola "Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade" da Xunta de Galicia

CLUB DE LECTURA DE MAIORES. EL BAILE



Este ano continuamos co noso club de lectura de maiores.



Xa lemos o primeiro libro: "El baile" de Irène Némirovsky.

Aquí tedes unha reseña da autora e da obra

Irène Némirovsky naceu en Kiev en 1903 no seo dunha familia adiñeirada que fuxiu da revolución bolxevique para establecerse en París en 1919. Filla única, Irène recibiu unha educación exquisita, aínda que padeceu unha infancia infeliz e solitaria. 

Anos antes de obter a licenciatura en Letras pola Sorbona, a súa precoz carreira literaria iníciase en 1921 coa publicación do texto "Nonoche chez lextralucide" na revista bimensual Fantasio. Pero o seu salto á fama prodúcese en 1929 coa súa segunda novela, "David Golder, a primeira que viu a luz en forma de libro. Foi o inicio dunha cegadora traxectoria que consagraría a Némirovsky como unha das escritoras de maior prestixio de Francia, eloxiada por personaxes da talla de Jean Cocteau, Paul Morand, Robert Brasillach e Joseph Kessel

Con todo, a Segunda Guerra Mundial marcou tráxicamente o seu destino. Denegada en varias ocasións polo réxime de Vichy a súa solicitude de nacionalidade francesa, Némirovsky foi deportada e morreu en Auschwitz en 1942, igual que o seu marido, Michel Epstein

Sesenta anos máis tarde, o azar quixo que Irène Némirovsky regresase ao primeiro plano da actualidade literaria co enorme éxito de Suite francesa, a súa obra cume, descuberta casualmente polas súas fillas, publicada en 2004 e galardoada a título póstumo co premio Renaudot, entre outras moitas distincións. Transcorridos 75 anos desde o seu falecemento, as novelas de Irène Némirovsky foron traducidas a trinta e nove idiomas, demostrando o interese por unha autora que se sitúa sen dúbida entre os grandes escritores do século XX.

" El baile": Instalados nun luxoso piso de París, os Kampf posúen todo o que os cartos poden comprar, excepto o máis difícil: o recoñecemento da alta sociedade francesa. Así pois, co propósito de obter o codiciado premio, preparan un gran baile para douscentos invitados, un magno acontecemento social que para o señor e a señora Kampf suporá, respectivamente, unha excelente inversión e la sonada apoteose mundana. Pero en casa dos Kampf non todos comparten o mesmo entusiasmo. Ferida no seu orgullo pola prohibición materna de asistir ao ágape, Antoinette, de catorce anos, observa con amargura os axitados preparativos do baile e sinte que  chegou a ocasión de enfrentarse á sua nai, afirmarse a se mesma e realizar a súa propia entrada na idade adulta. Cun breve xesto, tan impulsivo como espontáneo, provoca unha situación absurda que culminará nun final dramático e revelador.
Dotada dunha afiada percepción psicolóxica, Némirovsky condensa en poucas páxinas unha historia onde a difícil relación nai-filla e a ansia de recoñecemento social  fúndense coa pasión pola vida e a busca da felicidade.