17 marzo 2022

PERSÉPOLE

                                


Tivemos outra reunión do noso club de lectura. Esta vez lemos Persépole de Marjane Satrapi. É unha novela gráfica, a primera que lemos e penso que repetiremos porque a experiencia foi moi boa.

A autora é Marjane Satrapi unha muller iraní nada no ano 1969. 

Nesta novela cóntanos como viviu ela a revolución islámica de 1980 en Irán.

Resultounos moi interesante e emocionante. Foi publicada no ano 2000 pero, tristemente, segue ilustrando a actualidade:

Narra como cambiou o país a revolución islámica, o que nos leva a pensar no que está pasando en Afganistán.

Tamén nos conta a invasión de Irán e a guerra con Irak, a nosa lectura coincidiu co comezo da invasión de Ucraína por parte de Rusia, o que fixo que sentísemos aínda máis empatía e pesar polo que está sufrindo o pobo ucraíno.

Cando ten que fuxir a Europa por culpa da guerra sofre desarraigo, soidade e racismo.

Mostra a necesidade do feminismo, nos anos 80 en Irak, e dunha forma máis sutil en Viena.

Por último, está a parte humana, a universal, o amor na familia e o desarraigo da adolescente que ten que abandonar o seu país para asegurar a supervivencia e ter un futuro.

Artigo en "Eldiario.es" sobre Persépole co motivo da reedición en 2020




Ningún comentario:

Publicar un comentario