18 decembro 2022

MR WILDER Y YO:

 

Billy Wilder con Iz Diamond

Xa fixemos a reunión sobre O señor Wilder e eu. 

Cando falaba informalmento con membros do club a maioría non estaban satisfeitos co libro, podo incluirme neste grupo, en cambio tivemos dous participantes que quedaron encantados e que o recomendan sen dúbida. Hai unha coincidencia nestes compañeiros: son grandes afeccionados ao cine e admiradores de Billy Wilder que gustan moitísimo das súas películas.

Ambos aproveitaron a ocasión para volver ver estas películas e convenceron, a min polo menos da valía deste libro. Cando Pablo falou deu a súa opinión na reunión abriu unha perspectiva diferente á que tiñamos os que non gustáramos del, polo menos á miña. Tamén vou revisionar todas as películas de Billy Wilder e algunha de Ernst Lubich.

Aquí traio a valiosa aportación de Pablo para animarvos a disfrutar desta novela:

O Señor Wilder e eu.

Por que me gustou?

- Por ser unha novela elegante e entrañable con profundidade sobre a decadencia dun director de cine excepcional Billy Wilder na realización da súa película Fedora.

- Por escoller coma personaxe a Calista, unha rapaza nova que, dende fora, vainos contando a súa historia persoal coa do director.

- A obra plantexa o final dun xeito de dirixir e facer películas diante da chegada dunha nova xeración de directores, caracterizada por exemplo, en mostrar a violencia en primeiro plano. Wilder busca atopar no seu cine unha paréntese ao sufrimento e a dor que significa vivir.

- Tamén gustoume a referencia ao Holocausto e ao nazismo que condicionou a súa vida e que aparece coma tranfondo na novela.

En definitiva, dende o meu punto de vista, unha novela moi recomendable, sobre todo para os amantes do cine.


Como sempre escribo unha pequena biografía do autor, e algúns enlaces que me parecen interesantes.

Interesante entrevista a Jonathan Coe sobre a novela:  

https://www.epe.es/es/abril/20221110/jonathan-coe-asombra-libro-fisico-78242991

Trailer da película Fedora 

https://youtu.be/gCdWnm663X0

 

Coe estudou na King Edward's School, de Birmingham (onde pasou a súa infancia e mocidade), e a continuación no Trinity College, de Cambridge. Ensinou na University of Warwick, onde completou a súa formación cun MA e cun doutoramento en Literatura Inglesa. Ademais interesouse sempre pola música, incluíndo a contemporánea.  

O seu escritor favorito, segundo di, é Henry Fielding; e Coe recalca que Fielding publicou en 1734 Don Quixote In England, na que engadía: «escrito á maneira de Cervantes». Ao seu xuízo, inaugurou unha tradición novelística e teatral do humor inglés, cuxo orixe está en Don Quixote, pero defendendo a dignidade e o heroísmo.

  A súa primeira novela editouse en 1987. Máis próxima ao presente, A choiva antes de caer, de 2007, ten un ton distinto, introspectivo e íntimo, que foi moi encomiado. 

 A principios de 2015 declarou: "Atópome nunha posición moi difícil, xa que teño novelas de éxito en moitos países pero en cada país é unha novela diferente. España e Alemaña son os únicos nos que A choiva antes de caer foi o máis vendido. En Inglaterra ou Francia prefiren as miñas sátiras políticas. Pero a min gustaríame escribir outro libro melancólico e introspectivo porque creo que son os meus mellores libros, aínda que agora mesmo estou a escribir unha sátira política moi contemporánea". O libro que escribía nese momento trataba do tipo de vida defendido polas políticas de Cameron. ​

Con todo, recentemente fixo realidade o seu desexo de escribir outro libro melancólico, O señor Wilder e eu, unha divertida homenaxe, nostálxica e agridoce, ao director cinematográfico Billy Wilder.  

 En España, a editorial Anagrama publicou dez novelas súas (as seis primeiras e a última en tradución de Javier Lacruz), e o Círculo de Lectores contribuíu a divulgar a súa obra cunha edición de Miúdo reparto!. Hoxe en día é considerado un clásico contemporáneo.  Tamén escribiu libros sobre Humprey Bogart e James Stewart.





Ningún comentario:

Publicar un comentario