30 maio 2023

EXPOTAKU


 O venres 26 de maio cumplimos coa tradición do noso club de lectura: visita a ExpOtaku en Coruña.

A maioría dos nosos membros son afeccionados ao Manga e por iso facemos esta excursión todos os anos.

Neste enlace tedes as actividades das que puidemos disfrutar Actividades de ExpOtaku. Nós estivemos o venres e aquí tedes as fotografías. 

 















26 maio 2023

PANZA DE BURRO

 

 

O 24 de maio reunímonos para falar dun novo libro: Panza de burro, de Andrea Abreu. Coñecino porque é un dos favoritos da nosa compañeira Mïriam e por iso decidín poñelo como lectura para este mes, a maioría  pensamos que foi un gran acerto porque, entre outras cousas, é un libro totalmente diferente ao leído por nós ata agora.

A autora, Andrea Abreu é moi nova, naceu en 1995 en Tenerife, polo que podería ser filla dalgúns dos membros do club e alumna de todos os que son docentes e penso que a súa xuventude inflúe en que sexa tan novedoso para nós.

É unha novela que narra un verán de dúas nenas de 10 anos, que están pasando da infancia á adolescencia,  toda a historia está marcada polo amor e deslumbramento  que sente unha delas pola outra, polo desequilibrio desa relación.

Está escrito trasladando a linguaxe oral da zona de Tenerife onde transcorre, o que fai que pareza máis real  e que se sinta que é a nena de verdade a que está contando o que lle pasa. 


Ademais da forma, o contido é novidoso, é unha forma nova de escribir o que lle ocorre ás protagonistas, dende un punto de vista feminino, descarnado e sen eufemismos. 

Houbo membros que gustaron máis e outros que gustaron menos da novela pero todos estivemos de acordo en que mereceu a pena lela porque nos acercou á unha forma de narrar que non coñecíamos.

Atopei esta   entrevista a Andrea Abreu no xornal A Vanguardia, penso que é moi conveniente lela porque ilustra a novela.

 https://www.lavanguardia.com/magazine/personalidades/20210201/6208183/andrea-abreu-genialidad-canaria-detras-panza-burro.html