20 xaneiro 2022

A cabeza de Medusa


Este é o segundo libro lido polo grupo de adultos do noso club.

 

Hoxe tivemos a 2ª reunión do club de lectura de adultos para falar de  A cabeza de Medusa.


É unha novela sobre dúas rapazas de 2º de Bacharelato que son violadas, conta como se senten elas e como reacciona todo o seu entorno, compañeiras e compañeiros do instituto, profesorado, as súas familias e incluso as familias dos violadores.


Algúns opinamos que a historia estaba ben, pero non nos gustou o enfoque de literatura xuvenil, pero todos estivemos de acordo en que polo tratamento que fai do tema debería ser lido por todos os rapaces e todas as rapazas na ESO.


Aínda así, é unha novela que nos levou a interesantes reflexións:

  • Chamáronnos a atención as citas coas que comeza cada capítulo, fixo que nos désemos conta de que a violación está aceptada dende o comezo da historia da humanidade, ilustrado con textos da mitoloxía, do Antigo testamento ata noticias dos nosos días.
  • A inmensa maioría das mulleres sofren agresións, abusos ou acoso sexual nalgún momento ou momentos da súa vida, e cando isto ocorre é a muller a que sente responsabilidade e vergoña.
  • Como segue sendo necesaria a militancia feminista, lembrando que só busca a igualdade entre xéneros, e que moitas veces se olvida que este é o verdadeiro significado do termo feminismo.
  • Non chegamos a un acordo sobre se unha nai podería crer que o seu fillo é quen de violar a unha rapaza, pero discutimos bastante sobre o tema.
  • O difícil que é e a valentía que exixe denunciar unha violación.


Fotos das imaxes de Medusa elixidas  na clase de Latín

MEDUSA ETRUSCA




MEDUSA DE CARAVAGGIO


PERSEO E A CABEZA DE MEDUSA


A autora é Marilar Aleixandre, aquí temos un pouco da súa biografía:

Aínda que escribe en galego, é nada en Madrid en 1947 e de avoas e avós andaluces, valencianos e madrileños

Di sentir  saudade dos sitios nos que viviu, Ceuta, Doña Mencía en Córdoba e Madrid, pero dende 1973  reside en Galicia,  onde adoptou o galego como a súa lingua literaria e se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis consolidada e recoñecida.

Foi profesora de Bioloxía e Xeoloxía no Insitituto Padre Casares de Vigo e agora ensina Didáctica das Ciencias Experimentais e Educación Ambiental na facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela dende 1988.

Tamén decidimos que o noso club levará o nome da poetisa ferrolá Elvira Lacaci:

ELVIRA LACACCI (1928-1977) pertenceu á xeración poética do 27 e a súa obra está enmarcada dentro da poesía social de posguerra. Foi a primeira muller que recibiu o Premio Adonais de Poesía en 1956 por Humana voz e o Premio da Crítica en 1964 por O Leste da cidade. É tamén autora de Son de Deus, e o libro de poemas infantís Molinillo de papel. En 1965 foi incluída na Antoloxía da poesía social de Leopoldo de Luís.


2 comentarios:

  1. Poder compartir, de xeito presencial, momentos de vida coas persoas dun grupo de lectura, escoitar opinións, aprender as maneiras de ler e interpretar, falar do tema do libro, a violación de dúas mulleres, dende un punto de vista feminista, compartir sentimentos íntimos... agranda o vínculo e fai que un libro se convirta en algo máis. Grazas, entón, a Marilar, como falamos no instituto, seguro que lle vai servir a mási adolescentes, a máis persoas para sermos mellores.

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas grazas Rafa, dilo Dunia xeito precioso.. Totalmente de acordó contigo.

    ResponderEliminar