28 outubro 2023

O SOUTO DOS CATRO VENTOS

 

 

A novela que eliximos para a transición entre o curso 22/23 e 23/24 foi O souto dos catro ventos.

É unha novela que transcorre en dúas épocas: comezos do século XIX, esta parte é unha novela histórica e romántica, e a actualidade, unha novela de crime e misterio.

Temos unha reflexión moi positiva dunha lectora que desfrutou da novela polas paisaxes, os feitos históricos, personaxes e historias particulares. Resalta a Marina a protagonista da época do século XIX, pola súa determinación e forza para opoñerse e loitar contra as leis sociais da época que non permitían ás mulleres ser donas da súa vida. 

Hai opinións que sendo  menos favorables recoñecen que  é un libro agradable de ler aínda que algúns aspectos da trama non son moi cribles, pero como ocorre con todos os libros dános para pensar e reflexionar.

Todos o que o limos estamos de acordo en que a ambientación é todo un acerto, e isto levounos a facer unha ruta literaria polos sitios onde se desenvolve. Visitamos o mosterio de Oseira, Ourense e Santo Estevo de Ribas de Sil.  

Tamén visitamos a igrexa rupestre de San Pedro de Roca, escavada baixo o monte Barbeirón. Non aparece na novela pero estaba cerca e paga moitísimo a pena visitala. É o conxunto monacal más antigo de Galicia. Tanto a paisaxe como a construcións son marabillosas.

Aquí tedes fotos desta ruta literaria.

Tivemos unha visita guiada ao mosterio de Oseira pero antes paseamos polo seu precioso entorno e dentro visitamos a botica onde ocorren episodios moi importantes da novela.









 

 


En San Estevo de Ribas de Sil é onde trancorre a maior parte da trama, tanto na pequena aldea como no mosterio. Paseamos polo souto dos catro ventos.

 








Os antigos fornos do mosteiro

A casa do alguacil


En Ourense visitamos as fontes que foron trasladadas desde os mosterios de Santo Estevo e Oseira ás súas prazas e parques





 

 



As Burgas





San Pedro de Roca


  









Ningún comentario:

Publicar un comentario