27 maio 2022

EXPOTAKU

 O día 20 de maio foi o día grande do club de lectura: Por fin puidemos ir de excursión a a Expotaku, a  feira de anime, cosplay e gaming na cidade da Coruña. Nela disfrutamos de exposicións, trivials, torneos de videoxogos, demostracións e partidas libres de xogos de mesa, obradoiros, proxeccións documentais, photocall e moito máis. 


Aquí tedes as fotos dese día:




























20 maio 2022

XERANDO CÓDIGOS QR

 

XERANDO CÓDIGOS QR

Este curso fixemos unha actividade combinada Club de Ciencia - Club de lectura- Proxecto Erasmus:

Xeración de códigos QR que enlazan ás nosas reseñas de libros lidos, despois pegamos o código ao libro e así temos as opinións de lectores no exemplar. É unha actividade que logo explicaremos ao profesorado doutros países que nos visita como centro con proxecto Erasmus.

A pauta seguida foi a seguinte:

  • Elixíron libros dos seus preferidos.

  • Escribiron unha reseña no seu Drive.

  • Xeraron un código QR que enlazaron a ese documento

  • Imprimiron e pegaron o código no exemplar correspondente da biblioteca.



 

 
 
 

13 maio 2022

CAMPOS DE FRESAS

  

2ª lectura dos alumnos de 3º. Este libro foi suxerido pola nosa querida María, profesora de Francés e de Ámbito Lingüístico de PMAR e foi todo un éxito.

Esta é a sinopsis que aparece na editorial:

Un libro para reflexionar sobre as imprevisibles consecuencias dos actos. Luciana é unha moza que tomou unha decisión equivocada e está a pagar as consecuencias dos seus actos. Os seus amigos tentarán axudala para que poida corrixir ese terrible erro. Poderá a nova dispoñer dunha segunda oportunidade e tomar as rendas da súa vida? Unha estremecedora historia sobre os perigos que axexan aos mozos de hoxe.

Sobre o autor:  

Jordi Sierra I Fabra (Barcelona, 1947) dirixiu as principais revistas de música rock nos anos setenta. Ten publicadas máis de trescentas novelas, recibiu numerosos premios literarios, sendo o autor infantil e xuvenil que máis libros ten vendido en España e en grande parte de Latinoamérica. En galego ten publicado as seguintes obras: O gardián da lúa (1994); ¡¡¡Lamberto!!! (1995); A nave fantástica (1996); Aydin (1995), Premio Edebé de Literatura Infantil; Nun lugar chamado guerra (2003); Os meus irmáns e mais eu (2003); Son especial para os meus amigos (2003); ¿Que serei de maior? (2003); Durmido sobre os espellos (2003); Chamando ás portas do ceo (2006), Premio Edebé de Literatura Xuvenil; Do outro lado do espello (Xerais 2007), Premio Ramón Muntaner 2003 e Premio Protagonista Jove 2005.



06 maio 2022

El lector de Julio Verne.




Volvemos reunirnos no noso club de lectura. Esta vez lemos un dos libros obrigatorios para o alumnado de 2º de Bach: "O lector de Julio Verne" de Almudena Grandes.

Na nosa conversa coincidimos en que é un libro que aporta a parte histórica da posguerra nesa zona sorprendentemente  inhóspita de Andalucía, a visión dun neno que aínda que caeu do lado dos vencedores, que ademais teñen que exercer a represión, a súa inquedanza, sensibilidade e madurez fanlle cuestionarse a situación e sufrir. 

Tamén é un canto ao gusto pola lectura, os libros de Julio Verne, son unha ventá a través da que Nino descobre mundos que nin imaxinaría doutra maneira.

Disfrutamos da capacidade fabuladora e de transmitir sentimentos a través dos protagonistas que tiña Almudena Grandes. 

Comparto a reseña da contraportada da novela:

Nino, fillo de garda civil, ten nove anos, vive na casa cuartel dunha vila da Serra sur de Jaén, e xamais poderá olvidar o verán de 1947. Pepe o Portugués, o forastero misterioso, fascinante, que acaba de instalarse nun muíño apartado, convértese no seu amigo e modelo, o home que lle gustaría chegar a ser algunha vez. Mentres pasan xuntos as tardes á beira do río, Nino xurarase a si mesmo que nunca será garda civil como o seu pai, e comezará recibir clases de mecanografía no "cortijo" das Rubias, onde unha familia de mulleres soas, viúvas e orfas, resiste na frontera entre o monte e o chairo. Mentres descobre un mundo novo grazas ás novelas de aventuras que lle converterán noutra persoa. Nino comprende unha verdade que ninguén quixera contarlle. Na Serra Sur estase a librar unha guerra pero os inimigos do seu pai non son os seus. Tras ese verán, empezará a mirar con outros ollos aos guerrilleiros liderados por Cencerro, e a entender por que o seu pai quere que aprenda mecanografía.


Aquí tedes enlaces a vídeos nos que Almudena Grandes nos presenta a novela, os personaxes, e incluso o personaxe real que a inspirou para escribila.

https://youtu.be/txidQzlbOQA Cristino

https://youtu.be/ax9cARrz4bA Personajes

https://youtu.be/0MIwrHeJswM SINOPSIS

https://youtu.be/HNsS0PUYXdw PRESENTACIÓN EN ALCALÁ LA REAL

https://youtu.be/eF-s-FPNScU ENTORNO HISTÓRICO



MY HERO ACADEMIA

 





Este curso compramos por aclamación dos membros do club de Manga 28 volumes de My Hero Academia. 
Aquí tedes unha foto e un debuxo do autor:
Kohei Horikoshi.


Este é un enlace á reseña dun membro do club de Manga sobre My Hero Academia.