14 xuño 2025

 


Outro dos libros preferidos polo alumnado do club de narrativa de 1º, 2º e 3º

Portugal de Carlos Meixide.

Síntese: https://www.verkami.com/projects/33717-portugal-de-carlos-meixide-a-nova-aventura-dos-cinco-de-ons

Anabel, Roi, Suso e Fátima están a desfrutar dunhas agradábeis vacacións en Portugal mais un inesperado acontecemento convérteos nos protagonistas dunha aventura trepidante, chea de emoción e perigo. Unha historia que vos deixará sen alento. Descubrídea por vós mesmos/as pois calquera cousa que se vos conte é susceptíbel de ser spoiler.

Portugal é o agardado quinto volume da serie xuvenil Os Cinco de Ons, despois de OnsCansGuitiriz e Arousa. As historias de Anabel, Roi, Suso, Fátima e mais a Rula son xa un clásico da literatura xuvenil galega. Queredes acompañalos nesta emocionante viaxe da outra beira do Miño?


→ Algunhas impresións dos nosos/as lectores/as: 

A aventura dos Cinco de Ons en Portugal, na procura duns manuscritos inéditos de Eça de Queiroz, resultou unha lectura amena para moitos/as dos nosos/as lectores/as: fácil e entretida. Nalgúns casos tamén lles gustou percorrer literariamente lugares que coñecen como Braga, Porto ou Guimarães. Tamén se produciron conexións coas historias dos Cinco, de Enyd Blyton, nos que se inspiran esta serie de libros (Ons, Cans, Guitiriz, Arousa e Portugal), que incluso algunhas persoas leron, atoparon nos andeis das súas casas ou escoitaron relatar a seus pais. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario