2025, ano Castelao e clubs de lectura.
Con motivo da celebración do ano Castelao, a partir de xaneiro puxéronse en marcha algunhas actividades sobre este autor e a súa obra.
Cun grupo de alumnado de 1º ESO levouse a cabo a lectura dalgúns relatos de Retrincos. Este conxunto de relatos de inspiración autobiográfica que tamén evocan a estancia de Castelao en Arxentina, entre outros aspectos da súa vida e infancia, serviron tamén de conexión para un grupo de alumnado migrante de procedencia americana (Arxentina, Venezuela, Cuba…). Foi especialmente interesante a lectura do relato “O Segredo”, inspirado na viaxe desde Rianxo até un recuncho da Pampa onde migrara o pai do protagonista. Como complemento a esta lectura realizouse un pequeno obradoiro na que os rapaces e as rapazas elaboraron versións en cómic do relato, tamén intentando conectar a calidade de artista polifacético de Castelao, debuxante e escritor.
Tamén leron o primeiro lance da obra Os vellos non deben de namorarse. Foi unha lectura dramatizada. Asistiron a unha representación no ciclo Teatro con G.
Un grupo de alumnado de 3º ESO leu Un ollo de vidro. memorias dun esquelete. Fíxose tamén un pequeno obradoiro literario sobre versións modernas da historia e posíbeis continuacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario