22 xuño 2024

LA CASA DE BERNARDA ALBA



Este curso volvemos elixir unha obra de teatro para a última sesión do club, foi A casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca.

É unha obra terrible pero ao mesmo tempo cargada de poesía.

Xa a léramos case todos os membros na nosa adolescencia e estivemos de acordo en que agora nos parecía moito máis terrible debido a que entendiamos mellor a situación e isto aumentaba a nosa empatía.

Como sempre tivemos unha enriquecedora conversación sobre o contexto histórico, a personalidade de Federico, que ben entendía e sentía a opresión contra as mulleres, seguramente porque, debido á a súa orientación sexual, el se sentía oprimido e encerrado aínda que, grazas á a situación económica da súa familia, puido permitirse saír das paredes físicas e estudar en Madrid, viaxar e coñecer outros artistas en España e fóra de España, non puido expresar os seus afectos libremente.

E coma sempre levamos a situación da obra á nosa experiencia persoal, que a pesar de quedar lonxe no tempo non quedaba tan lonxe da mentalidade do noso entorno nos anos oitenta do século pasado. 

Por outro lado tamén estivemos de acordo en que esta obra, como o autor, é universal e pode levarse a situacións de todos os lugares e de todos os tempos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario