Este ano entre as celebracións de Nadal no noso IES fixemos o día 20 unha marcha pola paz, fixemos pancartas e fomos ata A Malata.
21 decembro 2024
BOAS FESTAS E BOAS LECTURAS
A Bibloteca do IES Ferrol Vello desexa a toda a comunidade educativa
Boas Festas e Feliz 2025
13 decembro 2024
LECCIONES DE QUÍMICA
16 novembro 2024
TEATRO NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN
Este curso asistimos á mostra de Teatro para escolares de Narón.
O 29 de outubro asistiu o alumnado de 3º e 4º de ESO á obra Desexo de Talía Teatro, isto saqueino da súa páxina web
Como foi a nosa educación sexual?
Estamos preparados para ter unha sexualidade sa?
Sabemos como afrontar as nosas relacións?
Somos capaces de educar ás próximas xeracións?
Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo?
Na pornografía? Nas redes sociais?
E que consecuencias ten formarse así?
Intentemos fixarnos nas publicacións, na música,
na publicidade...
Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a seren tabú.
deseXo é un xoguete cómico que aborda todo isto,
porque xa vai sendo hora de falar claramente sobre sexo.
O 12 de novembro o alumnado de 2º e 1º de ESO asistiu a O mundo está roto pero pódese camiñar
O 12 de novembro o alumnado de 2º e 1º de ESO asistiu a O mundo está roto pero pódese camiñar de Contraproducións. Unha obra que nos fai ver a posibilidade sanadora da lectura
Unha nena perde prematuramente á súa nai e, desde entón, está enfadada co mundo. O pai non sabe como romper o muro de incomunicación no que se encerra a filla e discorre un curioso sistema: escribirlle mensaxes en avións de papel que lle lanza cada día desde o balcón e onde lle encomenda pequenas tarefas diarias como, por exemplo, ir devolver un libro á biblioteca.
Unha bibliotecaria amena e decidida axuda á nena para descubrir o vínculo entre os libros e a vida, logrando establecer coa pequena unha relación divertida, construtiva e inspiradora. Moitos anos despois, a nena, agora escritora, volverá á biblioteca para contarnos aquela experiencia iniciática e sanadora.
10 novembro 2024
09 novembro 2024
SAMAÍN E DEFUNTOS Carteis
Como sempre a celebración de Samaín noso instituto é unha das máis importantes do ano.
Tivemos festa de disfraces e magosto.
Aquí tedes os carteis que fixo o departamento de Galego: