27 abril 2024

O FAMOSO CATÁLOGO DE WALKER DAWN

 

 


    Ya tivemos a reunión para falar da novela O famoso catálogo Walker & Dawn. Pasámolo moi ben léndoo e falando del, é un libro longo pero merece a pena lelo porque son máis páxinas  de aventuras e emocións.

Non nos sorprende que gañase o premio Frignano Ragazzi (2016), premio Giant delle Langhe y premio Andersen (2017).

"Partiramos catro. Te Trois o valoroso, que quería dominar a vida. Eddie o xamán, que quería descubrir os seus segredos. Tit, que era pequeno, pero grande cando facía falta. E Julie a invulnerable, que quería ser feliz."

Te Trois, Eddie, Tit e Julie non poderían ser máis diferentes nin mellores amigos. Teñen en común un catálogo de venda por correspondencia, tres dólares para gastar e o desexo de descubrir o mundo. E cando no canto do revólver que encargan chega un vello reloxo que non funciona, non o pensan dúas veces e parten cara a Chicago para cambialo. Na súa viaxe nun barco de vapor polo Mississippi e nun tren de mercancías atoparán caloteiros profesionais, policías corruptos, xente boa que resultar non ser tal,  por non falar dun crime sen resolver e de moitos, moitos cartos!

O autor é o italiano Davide Morosinotto: Naceu en 1980, preto de Padua (Italia). Sempre quixo ser escritor e, de neno, durante as horas de clase, imaxinaba incribles aventuras e mundos fantásticos. Morosinotto vive en Boloña desde hai moitos anos. Publicou numerosos libros xuvenís e, ademais, é periodista e tradutor de videoxogos. Sente debilidade polos lugares fríos e chuviosos. Encántalle pasear por cidades descoñecidas e un dos seus soños é dar a volta ao mundo coa súa moto.

Aquí tedes un enlace a unha interesante reseña escrita na revista Fantasymundo:

https://www.fantasymundo.com/el-sorprendente-catalogo-de-walkerdawn/ 

20 abril 2024

DÍA DO LIBRO 2024

 Este ano celebramos o día do libro  asistindo  Teatro co G 2024 no teatro Jofre, organizado pola coordenadora de Equipas de Normalización de Ferrol terra. As obras serán Arte sen guion para 2º e O misterio dos libros perdidos e O paseo das Esfinxes para 3º de ESO.

Tamén fixemos estes carteis nos que recomendamos libros para gozar da lectura e máis:








13 abril 2024

LA HISTORIA DE LOS VERTEBRADOS

 



O mércores tivemos a reunión para falarmos de La historia de los vertebrados de Mar García Puig. 
Dende o que lle ocorre a autora despois do seu parto de xemelgos trata da súa ansiedade e hipocondría e a partir de ahí facemos unha viaxe pola historia da muller e as súas enfermidades mentais vistas desde unha perspectiva social, emocional e artística, eu gocei de como comenta as obras de arte que  ilustran este aspecto. Por  outro lado o parto coincide con que ela consegue ser diputada por Podemos e aínd que conta pouco paréceme moi interesante e faime reflexionar o que conta sobre as relacións no partido, a vida das diputadas e diputados cando teñen que trasladarse a Madrid.

Neste vídeo a autora narra en 5 minutos a súa experiencia persoal despois do parto.
 



Aquí deixo algunhas reseñas no seu idioma orixinal.
«La libertad es terapéutica, escribió alguien en la pared de un manicomio clausurado. Aquella inscripción se proyecta sobre el libro extraordinariamente libre, tan bien concebido como ejecutado, de Mar García Puig. Un potente testimonio de su experiencia de locura puerperal. Un tapiz delirante y cuerdo que se dispara en varias direcciones».
Enrique Vila-Matas

«Sobre la locura de las madres, sus debilidades y sus fortalezas, a menudo dos caras de la misma moneda. Un libro erudito, tierno y duro, y honesto siempre».
Katixa Agirre

«Un libro único, valiente y asombroso que anuda lo íntimo y lo histórico, lo familiar y lo mitológico, poesía y política, amor y dolor, locura y lucidez, para iluminar con delicadeza una de las caras más oscuras de la maternidad».
Isaac Rosa

«Una historia íntima que es a su vez una historia política de esa estruendosa explosión de afectos que significa la maternidad. Mar García Puig nos regala sus poderosas experiencias como madre primeriza en el Congreso de los Diputados, y con ellas traza un vínculo con las barrigas llenas de la literatura, el teatro, la filosofía y el arte a lo largo de los siglos. Leyendo La historia delos vertebrados, se me hace imposible no acordarme de la escritura memorística de Deborah Levy o Maggie Nelson».
Luna Miguel