Para despedirnos do primeiro trimestre fomos aos Cines Duplex para ver a película Leo & Lou dirixida por o ferrolán Carlos Solano e filmada en Ferrolterra.
20 decembro 2025
29 novembro 2025
25 N
O Punto Violeta do noso IES é unha pequena semente situada na biblioteca: un espazo con libros e recursos sobre igualdade e bo trato. É un lugar aberto á participación da comunidade educativa co obxectivo de facer medrar, entre todas e todos, un espazo que fomente o respecto e a convivencia. Ti tamén podes axudar a facelo medrar! |
Que é o noso Punto Violeta? (Versión “semente”)
O Punto Violeta do IES é un pequeno espazo dentro da biblioteca no que recollemos libros e materiais sobre igualdade, bo trato e prevención da violencia de xénero. É unha semente, un primeiro paso para crear un lugar de referencia onde falemos, aprendamos e reflexionemos sobre como construír un centro máis igualitario e seguro.
Non é un servizo profesional nin unha estrutura formal: é simplemente un recuncho pensado para mirar o mundo con ollos máis xustos, para compartir recursos e para que toda a comunidade educativa poida participar na súa creación.
Para que serve este Punto Violeta?
- Para visibilizar a igualdade como un valor fundamental do noso IES.
- Para ofrecer un lugar tranquilo onde encontrar lecturas e materiais que axudan a comprender e previr a violencia de xénero.
- Para invitar ao alumnado, profesorado e familias a sumar ideas, materiais e propostas.
- Para facer crecer, entre todas e todos, un espazo que promova o respecto, a convivencia e o bo trato.
Que queremos conseguir?
- Que a igualdade sexa parte viva do centro, non só unha teoría.
- Que este recuncho da biblioteca se vaia enchendo pouco a pouco de libros, recomendacións, actividades, cartaces ou ideas.
- Que o Punto Violeta evolucione ao ritmo da comunidade educativa, coa vosa colaboración.
Como podes participar?
- Suxerindo libros, podcasts, vídeos ou materiais.
- Aportando ideas para mellorar o espazo: decoración, frases, carteis…
- Propoñendo actividades de lectura, exposicións ou pequenas accións de sensibilización.
- Usando o espazo como lugar de encontro para reflexionar, falar ou aprender xuntos.
22 novembro 2025
UN MUNDO FELIZ
Después de los forradores había los matriculadores. La procesión avanzaba; uno a uno, los óvulos pasaban de sus tubos de ensayo a unos recipientes más grandes; diestramente, el forro de peritoneo era cortado, la morula situada en su lugar, vertida la solución salina…
08 novembro 2025
18 outubro 2025
TEATRO NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN
Todo o alumnado do instituto asistiu á XLI Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón.
O 10 de outubro o alumnado de 3º e 4º de ESO foi ver a obra "Me llamo Suleimán" da compañía Unahoramenos. Ao día seguinte, sábado foi representada para o público en xeral
O 16 de outubro o alumnado de 1º e 2º foron ver "Crisálida" de Caramuxo teatro.
06 outubro 2025
AYER NO MÁS
Comezamos o curso atravesando a ponte que une as actividades do club 24-25 co 25-26: O libro de Andrés Trapiello, Ayer no más.
Para falar desta novela reunirémonos o próximo mércores 8 de outubro e faremos unha viaxe a León a última fin de semana de outubro para visitar os sitios que aparecen no libro.
Xa veremos que falamos nas charlas pero pode ser un libro controvertido. Creo que convén saber que o autor militou en partidos UPyD en Ciudadanos, ademais, como vemos na novela e detractor da Lei de memoria histórica.
Este é o argumento:
José é un profesor universitario de Historia, especializado na guerra civil española. Volveu á súa cidade, León, tras anos de afastamento, e estableceu a rutina de xantar cos seus pais unha vez á semana. Durante unha desas visitas, José descobre ao seu pai xogando unha partida imaxinaria de sete e medio, unha partida que xoga desde fai máis de sesenta anos cos seus compañeiros de armas mortos na fronte na guerra civil española, aos dezasete anos. Esta imaxe do pai impresiona a José e é o comezo dunha cadea de feitos fortuítos que lle revelarán cal é a historia do seu pai e cal é a natureza contraditoria dos seus propios sentimentos cara a el.
Pero o verdadeiro impacto sufrirao José durante un paseo pola cidade, cando asiste ao encontro do seu pai co pasado, en forma dun home que lle recoñece e acúsalle de matar ao seu. Quen é ese home? Por que o seu pai, lonxe de defenderse desas acusacións, só puido balbucear a palabra «perdón»? É o seu pai un asasino, alguén capaz de participar na morte a sangue frío dun home diante do seu fillo pequeno?
Quen é o autor: Andrés Trapiello naceu en 1953 en Manzaneda de Torío (León) e vive en Madrid desde 1975. Autor de Las tradiciones, Acaso una verdad (Premio Nacional de la Crítica, 1993) e Y, entre outros libros de poemas, e Las armas y las letras, Madrid, El arca de las palabras y La Fuente del Encanto, Al morir don Quijote (Premio Fundación José Manuel Lara, 2004) y Ayer no más (elixida Mellor Novela polos lectores de El País, 2012) son algunhas das súas novelas, e apareceron ata a data vinte e catro volumes do Salón de pasos perdidos baixo o rótulo de «unha novela en marcha». Na actualidade escribe semanalmente no diario El Mundo. Recibiu, entre outros, o Premio das Letras da Comunidad de Madrid e o de Castela e León ao conxunto da súa obra, e traduciu el Quijote de Miguel de Cervantes ao castelán actual.
Neste enlace podes ler a opinión de Héctor Abad Faciolince, o autor de O olvido que seremos. Unha opinión moi favorable
Aquí temos as fotos da nosa ruta literaria en León:
![]() |
| A praza de Santo Domingo onde o protagonista e o pai atopan ao fillo do asasinado |
![]() |
| O club na Praza maior |
![]() |
| O club á chegada a León |
![]() |
| Visitamos o parador de San Marcos e aquí temos un texto sobre a súa historia |
22 xuño 2025
2025: ANO CASTELAO
2025, ano Castelao e clubs de lectura.
Con motivo da celebración do ano Castelao, a partir de xaneiro puxéronse en marcha algunhas actividades sobre este autor e a súa obra.
Cun grupo de alumnado de 1º ESO levouse a cabo a lectura dalgúns relatos de Retrincos. Este conxunto de relatos de inspiración autobiográfica que tamén evocan a estancia de Castelao en Arxentina, entre outros aspectos da súa vida e infancia, serviron tamén de conexión para un grupo de alumnado migrante de procedencia americana (Arxentina, Venezuela, Cuba…). Foi especialmente interesante a lectura do relato “O Segredo”, inspirado na viaxe desde Rianxo até un recuncho da Pampa onde migrara o pai do protagonista. Como complemento a esta lectura realizouse un pequeno obradoiro na que os rapaces e as rapazas elaboraron versións en cómic do relato, tamén intentando conectar a calidade de artista polifacético de Castelao, debuxante e escritor.
Tamén leron o primeiro lance da obra Os vellos non deben de namorarse. Foi unha lectura dramatizada. Asistiron a unha representación no ciclo Teatro con G.
Un grupo de alumnado de 3º ESO leu Un ollo de vidro. memorias dun esquelete. Fíxose tamén un pequeno obradoiro literario sobre versións modernas da historia e posíbeis continuacións.
Club de lectura 1º, 2º e 3º de ESO
Club de lectura de 1º, 2º e 3º de ESO.
Fíxose unha proposta inicial de lecturas variada e consensuada cos membros do club. A partir de aí, organizáronse en grupos de lectura, de xeito libre, é dicir, cadaquén escollía o libro e tamén con que persoas quería ler e discutir ese libro, sen límite de participantes. Tamén tiñan liberdade para mudar de grupo e lectura segundo os seus intereses e circunstancias. Deste xeito, formáronse varios grupos de lectura entorno a diferentes libros que remataron, sempre, en varias sesións de posta en común e discusión, guiadas pola mediadora.
Lemos estes libros:
- Cando petan na porta pola noite de Xabier P. DoCampo
- Corredora de María Reimóndez
- Noite de voraces sombras, Agustín Fernández Paz
- Unha estrela no vento de Ledicia Costas
- Denébola a Roxa de Héctor Cajaraville
- Cidades de Fran Alonso
- Marxinados de Pepe Carballude
- Portugal de Carlos Meixide
- A balada dos unicornios de Ledicia Costas
Estes foron os libros máis lidos:
Unha estrela no vento, a primeira obra publicada por Ledicia Costas e que, como ela mesma confesou, comezou a escribir sendo unha adolescente.
→ Síntese: https://lediciacostas.com/project/unha-estrela-no-vento-gl/
Conta a historia de Miguel Foz, un estudante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, séntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse por ela. Ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ó que todos eles agardan. Miguel Foz atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.
→ Algunhas impresións dos nosos/as lectores/as:
Esta foi unha das lecturas que máis éxito tivo entre o alumnado e os grupos que a elixiron, especialmente os amores entre Miguel e Reina. Tamén se valorou que o libro enganchase desde o primeiro momento.
Portugal de Carlos Meixide.
Síntese: https://www.verkami.com/projects/33717-portugal-de-carlos-meixide-a-nova-aventura-dos-cinco-de-ons
Anabel, Roi, Suso e Fátima están a desfrutar dunhas agradábeis vacacións en Portugal mais un inesperado acontecemento convérteos nos protagonistas dunha aventura trepidante, chea de emoción e perigo. Unha historia que vos deixará sen alento. Descubrídea por vós mesmos/as pois calquera cousa que se vos conte é susceptíbel de ser spoiler.
Portugal é o agardado quinto volume da serie xuvenil Os Cinco de Ons, despois de Ons, Cans, Guitiriz e Arousa. As historias de Anabel, Roi, Suso, Fátima e mais a Rula son xa un clásico da literatura xuvenil galega. Queredes acompañalos nesta emocionante viaxe da outra beira do Miño?
→ Algunhas impresións dos nosos/as lectores/as:
A aventura dos Cinco de Ons en Portugal, na procura duns manuscritos inéditos de Eça de Queiroz, resultou unha lectura amena para moitos/as dos nosos/as lectores/as: fácil e entretida. Nalgúns casos tamén lles gustou percorrer literariamente lugares que coñecen como Braga, Porto ou Guimarães. Tamén se produciron conexións coas historias dos Cinco, de Enyd Blyton, nos que se inspiran esta serie de libros (Ons, Cans, Guitiriz, Arousa e Portugal), que incluso algunhas persoas leron, atoparon nos andeis das súas casas ou escoitaron relatar a seus pais.
A balada dos unicornios, de Ledicia Costas.
→Síntese: https://lediciacostas.com/project/a-balada-dos-unicornios/
A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes.Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución… e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.
→Algunhas impresións dos nosos/as lectores/as:
Esta obra foi unha das máis elixidas e tamén unha das que xerou máis debate. Algunhas persoas escóllerona porque xa coñecían outros libros da autora. Por unha banda, houbo persoas que desfrutaron inmensamente da obra desexando ler a continuación da historia; por outra, tamén houbo quen dixo que fora un dos libros que menos lle gustara. Con todo, a personaxe de Tic – Tac, o robot de Ágata, gozou de grande éxito entre todos/as, unha personaxe que conxuga a intelixencia artificial e algúns trazos da humana. Tamén triunfaron as variadas de amor. A aventura na Cidade dos Cans, a algúns lectores lembroulles un libro que escolleron o curso pasado, Quen salva un can, de Érica Esmorís. Tamén se falou moito da personaxe de Jack o Destripador, da maldade de Cornelia, a muller ártica, fronte a Wendy, a raíña albina.
21 xuño 2025
UNHA ESTRELA NO VENTO
Dentro das lecturas preferidas do club de narrativa de 1º, 2º e 3º

14 xuño 2025
Outro dos libros preferidos polo alumnado do club de narrativa de 1º, 2º e 3º
Portugal de Carlos Meixide.
Síntese: https://www.verkami.com/projects/33717-portugal-de-carlos-meixide-a-nova-aventura-dos-cinco-de-ons
Anabel, Roi, Suso e Fátima están a desfrutar dunhas agradábeis vacacións en Portugal mais un inesperado acontecemento convérteos nos protagonistas dunha aventura trepidante, chea de emoción e perigo. Unha historia que vos deixará sen alento. Descubrídea por vós mesmos/as pois calquera cousa que se vos conte é susceptíbel de ser spoiler.
Portugal é o agardado quinto volume da serie xuvenil Os Cinco de Ons, despois de Ons, Cans, Guitiriz e Arousa. As historias de Anabel, Roi, Suso, Fátima e mais a Rula son xa un clásico da literatura xuvenil galega. Queredes acompañalos nesta emocionante viaxe da outra beira do Miño?
→ Algunhas impresións dos nosos/as lectores/as:
A aventura dos Cinco de Ons en Portugal, na procura duns manuscritos inéditos de Eça de Queiroz, resultou unha lectura amena para moitos/as dos nosos/as lectores/as: fácil e entretida. Nalgúns casos tamén lles gustou percorrer literariamente lugares que coñecen como Braga, Porto ou Guimarães. Tamén se produciron conexións coas historias dos Cinco, de Enyd Blyton, nos que se inspiran esta serie de libros (Ons, Cans, Guitiriz, Arousa e Portugal), que incluso algunhas persoas leron, atoparon nos andeis das súas casas ou escoitaron relatar a seus pais.
A BALADA DOS UNICORNIOS
A balada dos unicornios, de Ledicia Costas.
→Síntese: https://lediciacostas.com/project/a-balada-dos-unicornios/
A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes.Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución… e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.
→Algunhas impresións dos nosos/as lectores/as:
Esta obra foi unha das máis elixidas e tamén unha das que xerou máis debate. Algunhas persoas escóllerona porque xa coñecían outros libros da autora. Por unha banda, houbo persoas que desfrutaron inmensamente da obra desexando ler a continuación da historia; por outra, tamén houbo quen dixo que fora un dos libros que menos lle gustara. Con todo, a personaxe de Tic – Tac, o robot de Ágata, gozou de grande éxito entre todos/as, unha personaxe que conxuga a intelixencia artificial e algúns trazos da humana. Tamén triunfaron as variadas de amor. A aventura na Cidade dos Cans, a algúns lectores lembroulles un libro que escolleron o curso pasado, Quen salva un can, de Érica Esmorís. Tamén se falou moito da personaxe de Jack o Destripador, da maldade de Cornelia, a muller ártica, fronte a Wendy, a raíña albina.
13 xuño 2025
ENTREGA DE PREMIOS BIG CHALLENGE
Este curso participamos no concurso de destrezas en lingua inglesa The Big Challenge e obtivemos moi bos resultados:
Tres primeiros premios provinciais e un 3º nacional.
Aquí tedes fotos do alumnado participante e da nosa biblioteca engalanada para a ocasión.