22 novembro 2025

UN MUNDO FELIZ

 



Xa tivemos a reunión sobre Un Mundo Feliz. Na reunión estivemos de acordo en que é unha novela de ciencia ficción, pero a ciencias que trata son a bioloxía, psicoloxía, psiquiatría e ao final é bastante filosófica na miña opinión. A pesar de que foi publicada no ano l932 segue sendo moi actual, os dilemas e conflitos que presentan son aplicables ao noso mundo infeliz de hoxe.

Algo que nos chamou a atención negativamente é o papel da muller nesa sociedade aínda que quedamos con dúbidas de se é o que pensaba o autor, como persoa dunha época ou se é unha crítica.

Aquí tedes un artigo de ciencia actual que me lembrou como Aldous Huxley imaxinou que sería un útero artificial onde se desenvolvera o embrión, case un século despois temos algo moi parecido:

O que se describe en Un mundo feliz: Trozos de peritoneo de cerda, cortados ya a la medida adecuada, subían disparados en pequeños ascensores, procedentes del Almacén de Órganos de los sótanos. Un zumbido, después un chasquido, y las puertas del ascensor se abrían de golpe; el forrador de envases solo tenía que alargar la mano, coger el trozo, introducirlo en el frasco, alisarlo, y antes de que el envase debidamente forrado por el interior se hallara fuera de su alcance, transportado por la cinta sin fin, un zumbido, un chasquido, y otro trozo de peritoneo era disparado desde las profundidades, a punto para ser deslizado en el interior de otro frasco, el siguiente de aquella lenta procesión que la cinta transportaba.

Después de los forradores había los matriculadores. La procesión avanzaba; uno a uno, los óvulos pasaban de sus tubos de ensayo a unos recipientes más grandes; diestramente, el forro de peritoneo era cortado, la morula situada en su lugar, vertida la solución salina… 

Aquí o artigo sobre o Aquawomb

Ningún comentario:

Publicar un comentario