22 xuño 2024

LA CASA DE BERNARDA ALBA



Este curso volvemos elixir unha obra de teatro para a última sesión do club, foi A casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca.

É unha obra terrible pero ao mesmo tempo cargada de poesía.

Xa a léramos case todos os membros na nosa adolescencia e estivemos de acordo en que agora nos parecía moito máis terrible debido a que entendiamos mellor a situación e isto aumentaba a nosa empatía.

Como sempre tivemos unha enriquecedora conversación sobre o contexto histórico, a personalidade de Federico, que ben entendía e sentía a opresión contra as mulleres, seguramente porque, debido á a súa orientación sexual, el se sentía oprimido e encerrado aínda que, grazas á a situación económica da súa familia, puido permitirse saír das paredes físicas e estudar en Madrid, viaxar e coñecer outros artistas en España e fóra de España, non puido expresar os seus afectos libremente.

E coma sempre levamos a situación da obra á nosa experiencia persoal, que a pesar de quedar lonxe no tempo non quedaba tan lonxe da mentalidade do noso entorno nos anos oitenta do século pasado. 

Por outro lado tamén estivemos de acordo en que esta obra, como o autor, é universal e pode levarse a situacións de todos os lugares e de todos os tempos.

ENTREGA DE PREMIOS BIG CHALLENGE

 

 

 Coa fin de curso tivemos na nosa biblioteca a cerimonia de entrega de premios aos participantes no Big Challenge, organizado polo departemento de Inglés.

Aquí están as fotos dos premios e dos premiados co profesorado do departamento.


Diego Manín 1º Premio Nacional 3º ESO

Noa Dopico, 1º Premio Provincial 1º ESO

Lúa Teijeiro 1º Premio Provincial 2º ESO

Elisa Lorenzo e Antón Bocija gañadores provinciais



21 xuño 2024

MANGA 23-24

 

Full Metal Alchemist

Este curso o Club de Manga do IES Ferrol Vello foi variado pero sobre todo dedicouse a Jojo's Bizarre Adventure, Part VII, porque a maioría xa lera as anteriores e a Full Metal Alchemist.

Se falamos de Jojo's Bizarre Adventure, non conseguimos poñernos de acordo en que parte é a mellor, si que houbo unanimidade en qu a 3ª é a máis importante para a trama aínda que non por iso é a que máis gusta.

En canto a Full Metal Alchemist, é unha das primeiras coleccións de manga adquiridas pola biblioteca e este ano houbo alumnado do club que quixo facer unha revisión e consideran que merece a pena.




14 xuño 2024

ORGULLO E PREXUÍZO



 Este curso tivemos unha sección do club afeccionada á novela romántica actual e intentamos ler un clásico da literatura universal pero costou e non o conseguimos, quedounos moi lonxe a mentalidade e incluso a linguaxe da época.

Baseándonos na película e no que lemos cada unha puidemos tratar das relacións persoais na época, do que se esperaba das mulleres e de como a "honra" dunha muller da familia era a honra de todos os membros da familia, ou a perda desa honra podía cambiar a vida de toda a familia. Puidemos relacionar esta situación de hai máis de dous séculos en Inglaterra e Europa co que se vive actualmente nalgúns países de Asia e África.



07 xuño 2024

AFFINOR: CONVIVIR COA FIBROMIALXIA

 7° Concurso de debuxo "Convivir coa Fibromialxia":Trátase de dar visibilidade a esta enfermidade. 

En colaboración con AFFINOR, Asociación de Fibromialgia y Fatiga Crónica del Noroeste.

O alumnado recaba información sobre esta docencia, elabora un powerpoint, participa nun Kahoot feito por Esther Guimaré, a profesora coordinadora da actividade, e na clase de Plástica con Andrés Fernández plasman a súa visión da enfermidade. 

Os traballos gañadores foron seleccionados por socios de Affinor, os titores dos cursos participantes (1°A e B), profesor de Plástica e profesorado do equipo de Biblioteca e recibirán un pequeno agasallo. 

Este é o debuxo gañador, por representar a fraxilidade do sorriso, os puños apretados para resistir, a dor representada polos raíos e a fibroniebla que rodea á persoa enferma.

 



      




































































 








Aquí temos as fotos da entrega de premios coa asistencia de representantes de asociación Affinor





























01 xuño 2024

CIENCIA NO IES FERROL VELLO

 Xa tivemos unha das grandes celebracións do instituto na nosa biblioteca:

Entrega de diplomas da Ciencia:

Participantes no Club de Ciencia, participantes e mellores clasificados no Canguro Matemático e do concurso de Fotograía Matemática:

Aqué tedes as fotos: