Hoxe tivemos a 2ª reunión do club de lectura de adultos para falar de A cabeza de Medusa.
É unha novela sobre dúas rapazas de 2º de Bacharelato que son violadas, conta como se senten elas e como reacciona todo o seu entorno, compañeiras e compañeiros do instituto, profesorado, as súas familias e incluso as familias dos violadores.
Algúns opinamos que a historia estaba ben, pero non nos gustou o enfoque de literatura xuvenil, pero todos estivemos de acordo en que polo tratamento que fai do tema debería ser lido por todos os rapaces e todas as rapazas na ESO.
Aínda así, é unha novela que nos levou a interesantes reflexións:
- Chamáronnos a atención as citas coas que comeza cada capítulo, fixo que nos désemos conta de que a violación está aceptada dende o comezo da historia da humanidade, ilustrado con textos da mitoloxía, do Antigo testamento ata noticias dos nosos días.
- A inmensa maioría das mulleres sofren agresións, abusos ou acoso sexual nalgún momento ou momentos da súa vida, e cando isto ocorre é a muller a que sente responsabilidade e vergoña.
- Como segue sendo necesaria a militancia feminista, lembrando que só busca a igualdade entre xéneros, e que moitas veces se olvida que este é o verdadeiro significado do termo feminismo.
- Non chegamos a un acordo sobre se unha nai podería crer que o seu fillo é quen de violar a unha rapaza, pero discutimos bastante sobre o tema.
- O difícil que é e a valentía que exixe denunciar unha violación.
Fotos das imaxes de Medusa elixidas na clase de Latín
MEDUSA ETRUSCA
PERSEO E A CABEZA DE MEDUSA
A autora é Marilar Aleixandre, aquí temos un pouco da súa biografía:
Aínda que escribe en galego, é nada en Madrid en 1947 e de avoas e avós andaluces, valencianos e madrileños.
Di sentir saudade dos sitios nos que viviu, Ceuta, Doña Mencía en Córdoba e Madrid, pero dende 1973 reside en Galicia, onde adoptou o galego como a súa lingua literaria e se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis consolidada e recoñecida.
Foi profesora de Bioloxía e Xeoloxía no Insitituto Padre Casares de Vigo e agora ensina Didáctica das Ciencias Experimentais e Educación Ambiental na facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela dende 1988.
Tamén decidimos que o noso club levará o nome da poetisa ferrolá Elvira Lacaci:
ELVIRA LACACCI (1928-1977) pertenceu á xeración poética do 27 e a súa obra está enmarcada dentro da poesía social de posguerra. Foi a primeira muller que recibiu o Premio Adonais de Poesía en 1956 por Humana voz e o Premio da Crítica en 1964 por O Leste da cidade. É tamén autora de Son de Deus, e o libro de poemas infantís Molinillo de papel. En 1965 foi incluída na Antoloxía da poesía social de Leopoldo de Luís.
Poder compartir, de xeito presencial, momentos de vida coas persoas dun grupo de lectura, escoitar opinións, aprender as maneiras de ler e interpretar, falar do tema do libro, a violación de dúas mulleres, dende un punto de vista feminista, compartir sentimentos íntimos... agranda o vínculo e fai que un libro se convirta en algo máis. Grazas, entón, a Marilar, como falamos no instituto, seguro que lle vai servir a mási adolescentes, a máis persoas para sermos mellores.
ResponderEliminarMoitísimas grazas Rafa, dilo Dunia xeito precioso.. Totalmente de acordó contigo.
ResponderEliminar