28 novembro 2021

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero

 Este curso, o día 25 de novembro foi un gran día de concienciación contra a violencia de xénero no noso instituto.

O departamento de orientación e a biblioteca colaboraron para a conmemoración.

O máis emocionante foi o acto de lectura de manifestos creados polos lectores e lectoras e que o resto de alumnado e o profesorado escoitamos no patio. 


A nosa mascota e  o profesorado levamos camisetas contra o maltrato.







O alumnado do club decorou tarxetas con frases e o alumnado de ITI fixo carteis moi interesantes que decoraron a nosa biblioteca e todo o instituto







     





 

Tamén tivemos unha lectura de manifestos no patio. 



















Ningún comentario:

Publicar un comentario