30 xuño 2026

SECCIÓN DE LIBROS EN PORTUGUÉS NA BIBLIOTECA DO IES FERROL VELLO

 

Inauguración da sección de libros en portugués na nosa Biblioteca: 

Do galego ao portugués, unha xanela aberta. 

 


 

 

O próximo curso propoñeremos lecturas de libros en portugués para os nosos clubs. 

Trátase dunha pequena sección de vinte libros variados que teñen como obxectivo promover a lectura e concienciar da porta aberta desde o galego ao portugués, que nace coa vontade de ser semente que agrome e medre cada curso. Conta cun espazo específico na Biblioteca, que se inaugurou no mes de xuño co alumnado do Club de Lectura de 3º ESO, que se amosou entusiasta ao ver algúns dos seus libros favoritos en portugués, sorprendidos da facilidade de lectura e comprensión desde o galego, e desexosos de iniciar as lecturas de Asterix na Lusitania, Spy familiy  ou O meu pé de laranja lima.

Seleccionáronse lecturas xa de éxito na nosa biblioteca xunto con outras novas: manga (One piece, Spy family…) banda deseñada (Asterix…), coleccións como Os futebolissimos ou Diario de um banana; algúns clásicos xuvenís como O meu pé de laranja lima (Brasil),  Os da minha rua (Angola) ou a colección Uma aventura (Portugal); así como mostras de poesía (O meu primeiro libro de poesía) e teatro (Teatro às tres pancadas).

O vínculo histórico entre o galego e o portugués, a cada vez maior presenza do portugués no currículo da materia de Lingua galega e literatura e a Lei Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa Lusofonía tamén foron factores tidos en conta para a creación desta sección. Sirva así mesmo como pequena homenaxe ao noso ilustre veciño, nacido e criado nas rúas de Ferrol Vello, o profesor e escritor Ricardo Carvalho Calero: a nosa lingua será galego portugués ou non será. 

Sección de portugués, Biblioteca IFV, curso 2025-26, listaxe inicial de libros (creación, xuño 2026):

·         One piece (volume 1 + 2 + 3)

·         Jujutsu kaisen (nº 1)

·         Jujutsu kaisen (nº 2)

·         Spy family (nº 1)

·         Spy family (nº 2)

·         meu pé de laranja lima, Jose Mauro de Vasconcelos (Brasil)

·         Teatro às tres pancadas, António Torrado (Portugal)

·         Asterix na Lusitânia

·         Uma aventura no Porto, Ana Maria Magalhães e Isabel Alçada (Portugal)

·         Uma aventura entre o Douro e o Minho, Ana Maria Magalhães e Isabel Alçada (Portugal)

·         Uma aventura em Macau, Ana Maria Magalhães e Isabel Alçada (Portugal)

·         Uma aventura no Algarve, Ana Maria Magalhães e Isabel Alçada (Portugal)

·         Uma aventura em Madeira, Ana Maria Magalhães e Isabel Alçada (Portugal)

·         Os da minha rua, Ondjaki (Angola)

·         A guerra dos mundos

·         Diário de um banana

·         Primeiro livro de poesia, selecção Sophia de Mello Breyner (Portugal, Brasil, Moçambique, Cabo Verde…)

·         Os futebolissimos

·         Dicionário ilustrado português.

·         A jornada de Kappa

 

27 xuño 2026

A PROBA DE AUGA

Para rematar o club de Manga lemos A proba de auga de Anémona de Río.

 

Sinopse: Rematados os seus estudos, unha pequena pinga de auga está xa preparada para levar a cabo a súa misión. Pero no seu primeiro día todo ocorre demasiado rápido, perde de vista o seu grupo e esperta nun lugar descoñecido. Terá que reunir valor e internarse nese novo mundo para atopar os seus compañeiros e compañeiras, intentar cumprir co seu cometido e descubrir quen é ese escorregadizo descoñecido que o pon todo patas arriba.

Sobre a autoraAnémona de Río (Aldara Álvarez García) naceu en Vigo en 1995. Gustoulle debuxar dende sempre pero nunca o contemplou como unha profesión ata que en 2013 entrou na escola de cómic e banda deseñada O Garaxe Hermético, onde participou en dous álbums: 221BD e Verne imaxinado. O seu proxecto Tam gañou o Premio Fin de Curso e foi publicado por Retranca Editora. Durante estes anos tamén realizou varias tiras cómicas para o Diario de Pontevedra. En 2019, gañou o I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético con A proba de auga. Actualmente dedícase a facer encargos personalizados. Pódense atopar máis mostras do seu traballo en Instagram e Twitter en @anemonaderio. 

BLUELOCK

 

Este curso coincidiendo co mundial de fútbol o club de manga decidiu ler Blue Lock

Sinopse de Blue Lock
Ser os mellores do mundo ata o de agora era só un soño! Para cumprilo, reuniron a 300 dianteiros egoístas!

No Mundial de 2018, Xapón non pasou de dezaseisavos… Tras este fracaso, e coa intención de conseguir que Xapón gañase por fin unha Copa do Mundo, a Asociación de Fútbol do Xapón reuniu a 300 dianteiros de ligas estudantís nunhas instalacións de adestramento chamadas “BLUE LOCK”. O seu adestrador, Jinpachi Ego, afirma que o que Xapón necesita é un “dianteiro movido polo egoísmo”.

Aos poucos, o ata o de agora descoñecido dianteiro, Yoichi Isagi, e os seus compañeiros, irán converténdose neses egoístas capaces de alcanzar a vitoria. 

13 xuño 2026

MEDITACIONES DE MARCO AURELIO

 



Este curso atrevémonos cun clásico que está de moda: Meditacións de Marco Aurelio.
A verdade é que é unha obra para ler a ratos, por onde se abra. Decidimos ler os 5 primeiros libros e houbo quen gozou deste novo tipo de lectura, quen pensou que non aporta nada que non saibamos pero si que volvemos pasalo ben comentándoo na nosa reunión. Si que presenta conceptos moi utilizados hoxe a min recordoume o tema de economía que fala das habilidades persoais e sociais dun emprendedor.

Sobre Marco Aurelio: 

(Marcus Annius Verus; Roma, 121 - Viena, 181) Emperador e filósofo romano. Pertencente a unha gens española de Roma, xa de neno chamou a atención do emperador Adriano, quen quedou admirado pola súa inxenua franqueza e a súa intelixencia, e ordenou a Antonino Pío que o adoptase (138), quedándolle destinado o imperio.
Estudou retórica grega e latina con Herodes Ático e Marco Cornelio Frontón, o cal desde entón habería de ser o seu amigo e conselleiro espiritual. Seducido polo estoicismo, vestiu moi pronto o manto de filósofo (133). Nomeado césar en 139 e cónsul en 140 e 145, este último ano casou coa súa prima Faustina a Nova, filla de Antonino Pío.

Cando Marco Aurelio foi nomeado emperador, abriuse un período enormemente conflitivo para o imperio, que se viu sacudido polos ataques dos bárbaros, revoltas populares e varias epidemias. Á serie ininterrompida de guerras e calamidades que tivo que soportar, o emperador opuxo a súa serenidade e a súa forza moral.

De feito, os cristiáns nunca o incluíron na súa lista de perseguidores.

Como emperador, a pesar do seu temperamento pacífico e a súa preocupación pola economía, viuse obrigado a concertar empréstitos forzosos e a desprenderse de parte do patrimonio imperial ante a urxente necesidade de constituír un exército de escravos, gladiadores, estranxeiros e fuxitivos co que facer fronte á presión dos bárbaros; 

Tras a paz xeral de 175 e a ocupación dunha franxa de seguridade ao norte do Danubio, admitiu no imperio, por primeira vez, a bárbaros como colonos e soldados. Quebrantada a paz polos bárbaros no 177, Marco Aurelio emprendeu unha nova campaña, no curso da cal sucumbiu á peste que desde o 166 arrasaba o imperio.

Esta é a reseña que presenta a web da Casa do Libro

As anotacións autobiográficas, as reflexións e sentenzas que Marco Aurelio foi escribindo para si mesmo, durante os seus últimos anos de vida, compoñen un texto singular na literatura antiga.

Ningún outro gran personaxe do mundo antigo legounos un testemuño privado tan sincero, tan fondo e tan patéticamente filosófico. Marco Aurelio tivo que vestir a púrpura e a coraza do guerreiro a cargo dun inmenso e ameazado imperio. Sen ilusionarse cunha República como a de Platón, intentou portarse sempre como un filósofo estoico e un digno romano. E conseguiuno.

Este estraño diario recolle os seus pensamentos nas noites de vixilia, as súas vacilacións, os seus recordos agradecidos, os consellos repetidos a si mesmo, as súas máximas e a súa desesperanza. Con todo iso, conseguiu unha das obras máis perfectas sobre o que debe ser un bo goberno.

Tamén atopei un artigo crítico coa moda actual do ascetismo que non utiliza as meditacións de Marco Aurelio como o propio Marco Aurelia querería:

VERDADE



 Despois de ser absolto do cargo de asasinato, do que fora inxustamente acusado con 14 anos, e de demostrar a súa inocencia, Éric sae do Correccional de Menores tras catro anos de internamento feito xa un mozo. Con todo, a reinserción nunha sociedade cargada de prexuízos vaille resultar aínda máis dura: non volver caer na delincuencia cando todo ao seu redor o empuxa cara aí, continuar os seus estudos, atopar un traballo, apartar do seu barrio. Xenia axudoulle a superar unhas barreiras que lle parecían infranqueables pero, será o amor unha forza suficiente para superar as dificultades agora?

MENTIRA

              


 Esta lectura xunto con verdade foi moi emocionante e adictiva para as nosas lectoras, Mentira en concreto é o libro favorito dunha delas e valeu como porta de entrada á lectura por pracer

®Síntese:

 Xenia loita por sacar as mellores notas, estimulada pola ilusión de entrar en Medicina, pero ultimamente o seu rendemento académico está baixando. O que ocorre é que Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redor, senón dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa que comparte a súa paixón pola lectura. Xenia pretende coñecer o seu amor virtual, pero el non quere concertar unha cita. Entón decide localizalo e presentarse ante el por sorpresa. Cos poucos datos de que dispón, inicia unha investigación e descobre que todo é mentira: nin a foto nin o nome do rapaz son reais. Cal é a verdadeira identidade da súa alma xemelga? Arrepentida polo abandono dos seus estudos, confésallelo todo aos seus pais, convencida de que foi vítima dalgún desaprehensivo. Pero, de forma inesperada, recibe un paquete que lle vai revelar a identidade do rapaz co que compartiu as súas máis íntimas emocións. Procede do cárcere de menores e contén a historia dun asasino.

A NOITE DA RAÍÑA BERENGUELA

 

 

®Síntese:

https://www.imosver.com/en/libros/a-noite-da-raina-berenguela-P409980172?srsltid=AfmBOopDPCYbMFDdSfyVnf9LpupFUj9x3movo-li7Y5kurFLyd4Cf6Ts 

A historia transcorre na noite do 24 de xullo en Santiago de Compostela. Mentres a cidade celebra as festas do Apóstolo, un vello vagabundo relatador de historias cóntalle a Comba, unha nena que sofre o rexeitamento e a incomprensión dos seus compañeiros, unha lenda máxica. Segundo a tradición, nesa noite de lumes e festa, a estatua xacente da raíña Berenguela esperta do seu sepulcro de pedra na Catedral. Durante unhas horas de liberdade, a raíña pasea polas rúas compostelás espallando a súa mítica beleza entre as mulleres que atopa (de aí a expresión popular: “Vai feita unha Berenguela”) Comba descobre que a verdadeira beleza reside na forza interior.

 

®Algunhas impresións dos nosos/as lectores/as:

Chamoulles a atención a lenda da raíña Berenguela, poucas persoas a coñecían agás un rapaz con familia en Compostela. Tamén, como a lenda é o xermolo da obra teatral e das súas personaxes, sobre todo o xograr Reinaldos, ferido de amor por Berenguela, que percorre o reino montado no seu cabalo Sinforoso, quen xa aprendeu a replicarlle os retrousos e a levarlle a contra en todo o que di e fai; e Dorotea, doncela de Berenguela, astuta e fiel á súa dona, e adiantada ao seu tempo. Ademais, algunhas persoas animáronse a compartir co resto lecturas dramatizadas en voz alta de fragmentos, meténdose na pel das personaxes, partillando risas  e desfrutando do teatro. Amor, humor e a promesa de facer unha quedada en Compostela o próximo 24 de xullo para experimentar o encontro coa raíña Berenguela e a súa maxia.