06 marzo 2026

SOBRE LA TIRANÍA

 

Nesta ocasión lemos non ficción:  Sobre a Tiranía de Timothy Snyder, subtitulado Vinte leccións que aprender do século XX. Aprendemos que as estratexias que observamos nos tiranos que gobernan no mundo actual son as mesmas que utilizaron os tiranos do século XX, o libro fainos ver en vinte leccións como podemos loitar contra a tiranía. 

Aquí poño este enlace a unha entrevista al autor sobre este libro:

 Entrevista a Timothy Snyder

O seguinte texto é parte do prólogo.

A historia non se repite, pero si alecciona.

Tanto o nazismo como o comunismo foron reaccións á globalización: ás desigualdades reais ou imaxinadas que creaba, e á aparente impotencia das democracias para afrontalas. Eran movementos nos que un líder ou un partido dicían dar voz ao pobo, prometían protexelo das ameazas globais existentes e rexeitaban a razón en favor do mito. A historia europea móstranos que as sociedades poden crebarse, as democracias poden caer, a ética pode virse abaixo e a xente corrente pode atoparse en situacións inimaxinables. Hoxe en día resultaríanos moi útil comprender por que.

A historia pode familiarizar e pode servir de advertencia. Non somos máis sabios que os europeos que viron como a democracia se rendía ante o autoritarismo durante o século xx. Pero cando a orde política parece ameazada, a nosa vantaxe é que podemos aprender da súa experiencia para impedir o avance da tiranía. Agora é un bo momento para facelo.

Este libro presenta vinte leccións que aprender do século xx, adaptadas ás circunstancias de hoxe. 

Sobre o autor:

É titular da cátedra Housum de Historia na Universidade de Yale e é membro permanente do Instituto de Ciencias Humanas de Viena. Doutorouse en Oxford e foi investigador nas universidades de París, Viena, Varsovia e Harvard.

Os seus libros anteriores recibiron salientables premios. É autor de Terras de sangue. Europa entre Hitler e Stalin (Galaxia Gutenberg, 2011), traducido a trece idiomas, que recibiu doce premios, entre eles o Premio Hannah Arendt de Pensamento Político, o Premio Leipzig para a Comprensión Europea e o Premio Emerson de Humanidades da Academia Americana das Artes e as Letras. Axudou a Tony Judt a escribir unha historia temática das ideas políticas e dos intelectuais en política, Pensar o século xx (2012). Os seus artigos académicos apareceron en revistas como Past and Present e Journal of Cold War Studies; tamén escribiu en The New York Review of Books, Foreign Affairs, The Times Literary Supplement, The Nation e The New Republic así como en The New York Times, The International Herald Tribune, The Wall Street Journal, noutros xornais.

É membro do Comité de Conciencia do Memorial do Holocausto dos Estados Unidos e do Consello Asesor do Instituto Yivo de Investigacións Xudías. Os seus libros O príncipe vermello. As vidas secretas dun archiduque de Habsburgo (2014), Terra negra. O Holocausto como historia e como advertencia (2015); Sobre a tiranía (2017) e O camiño cara á non liberdade (2018)  foron publicados por Galaxia Gutenberg en España.