Este curso atrevémonos cun clásico que está de moda: Meditacións de Marco Aurelio.
A verdade é que é unha obra para ler a ratos, por onde se abra. Decidimos ler os 5 primeiros libros e houbo quen gozou deste novo tipo de lectura, quen pensou que non aporta nada que non saibamos pero si que volvemos pasalo ben comentándoo na nosa reunión. Si que presenta conceptos moi utilizados hoxe a min recordoume o tema de economía que fala das habilidades persoais e sociais dun emprendedor.
Sobre Marco Aurelio:
(Marcus Annius Verus; Roma, 121 - Viena, 181) Emperador e filósofo romano. Pertencente a unha gens española de Roma, xa de neno chamou a atención do emperador Adriano, quen quedou admirado pola súa inxenua franqueza e a súa intelixencia, e ordenou a Antonino Pío que o adoptase (138), quedándolle destinado o imperio.
Estudou retórica grega e latina con Herodes Ático e Marco Cornelio Frontón, o cal desde entón habería de ser o seu amigo e conselleiro espiritual. Seducido polo estoicismo, vestiu moi pronto o manto de filósofo (133). Nomeado césar en 139 e cónsul en 140 e 145, este último ano casou coa súa prima Faustina a Nova, filla de Antonino Pío.
Cando Marco Aurelio foi nomeado emperador, abriuse un período enormemente conflitivo para o imperio, que se viu sacudido polos ataques dos bárbaros, revoltas populares e varias epidemias. Á serie ininterrompida de guerras e calamidades que tivo que soportar, o emperador opuxo a súa serenidade e a súa forza moral.
De feito, os cristiáns nunca o incluíron na súa lista de perseguidores.
Como emperador, a pesar do seu temperamento pacífico e a súa preocupación pola economía, viuse obrigado a concertar empréstitos forzosos e a desprenderse de parte do patrimonio imperial ante a urxente necesidade de constituír un exército de escravos, gladiadores, estranxeiros e fuxitivos co que facer fronte á presión dos bárbaros;
Tras a paz xeral de 175 e a ocupación dunha franxa de seguridade ao norte do Danubio, admitiu no imperio, por primeira vez, a bárbaros como colonos e soldados. Quebrantada a paz polos bárbaros no 177, Marco Aurelio emprendeu unha nova campaña, no curso da cal sucumbiu á peste que desde o 166 arrasaba o imperio.
Esta é a reseña que presenta a web da Casa do Libro:
As anotacións autobiográficas, as reflexións e sentenzas que Marco Aurelio foi escribindo para si mesmo, durante os seus últimos anos de vida, compoñen un texto singular na literatura antiga.
Ningún outro gran personaxe do mundo antigo legounos un testemuño privado tan sincero, tan fondo e tan patéticamente filosófico. Marco Aurelio tivo que vestir a púrpura e a coraza do guerreiro a cargo dun inmenso e ameazado imperio. Sen ilusionarse cunha República como a de Platón, intentou portarse sempre como un filósofo estoico e un digno romano. E conseguiuno.
Este estraño diario recolle os seus pensamentos nas noites de vixilia, as súas vacilacións, os seus recordos agradecidos, os consellos repetidos a si mesmo, as súas máximas e a súa desesperanza. Con todo iso, conseguiu unha das obras máis perfectas sobre o que debe ser un bo goberno.
Tamén atopei un artigo crítico coa moda actual do ascetismo que non utiliza as meditacións de Marco Aurelio como o propio Marco Aurelia querería:


Ningún comentario:
Publicar un comentario