25 abril 2026

EUROPA EXPRESS

 

 
 

® Síntese: https://andreamaceiras.es/gl/portfolio/europa-express-gl/

Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe.

Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha postal que lle revelará certa información que provoca nel un cuestionamento da súa vida actual e a necesidade de resolver as dúbidas sobre a traxedia que os envolveu no seu regreso da viaxe en tren. Malia as reticencias de Aroa a revolver no pasado, Nico logra contactar cos/coas compañeiros/as de viaxe e organiza unha festa de reencontro a partir da cal irán aflorando todos os matices que permitirán aclarar as causas daquel fatídico acontecemento.

® Algunhas impresións dos nosos/as lectores/as:

Esta foi unha das lecturas que máis éxito tivo entre o alumnado e os grupos que a elixiron, especialmente polas viaxes e as relacións entre os/as amigos/as que participan. Tamén se valorou que o libro enganchase desde o primeiro momento.

 

17 abril 2026

LA MADRE DE FRANKENSTEIN


 

Enlace a entrevista a Almudena Grandes sobre La madre de Frankenstein en RNE:

Para los que prefieren leer: Enlace a entrevista en El Confidencial.

Este curso lemos outro dos "Episodios de una guerra interminable": La madre de Frankesnstein de Almudena Grandes. Unha novela especial para nós porque un dos personaxes é unha muller ferrolá tristemente célebre: Aurora Rodríguez Carballeira, a nai e asesina de Hildegar Rodríguez Carballeira. Non é a protagonista e é presentada con moita humanidade por parte de Almudena Grandes.

Penso que é un dos libros lidos neste curso do que máis gozamos e que nos deu moita conversación e que aportou moitos temas sobre os que discutir e reflexionar. 
Ademais de tratar da guerra civil e da dictadura españolas dende unha perspectiva histórica pero tratando as emocións, na miña opinión, con maestría como en todos os seus episodios, Almudena Grandes presenta novos temas.
Aprendemos como era o trato coas enfermidades mentais nos anos 50  do século pasado, das diferencias dos manicomios masculinos e femininos, e entre as alas das mulleres pobres e das mulleres ricas.

É un libro que ademais de contarnos de enfermas mentais con dolencias concretas, de como foi o comezo do uso de medicinas para tratar a esquizofrenia, dos atrancos que se producen nun país que non aprecia a ciencia, fala de como pode afectar á saúde mental unha traxedia, dos distintos xeitos de afrontar o dó...

Pasámolo moi ben léndoo, aprendemos historia de España, historia da psiquiatría. Sorprendeunos a maestría de Almudena Grandes para falar de sentimientos, e a pesar de presentar unha época tan escura, con tanta tristeza mostra que sempre queda lugar para seres que aportan luz y que disfrutan do bo que ofrece a vida incluso nos peores momentos dun país.