®Síntese:
https://www.imosver.com/en/libros/a-noite-da-raina-berenguela-P409980172?srsltid=AfmBOopDPCYbMFDdSfyVnf9LpupFUj9x3movo-li7Y5kurFLyd4Cf6Ts
A historia transcorre na noite do 24 de xullo en Santiago de Compostela. Mentres a cidade celebra as festas do Apóstolo, un vello vagabundo relatador de historias cóntalle a Comba, unha nena que sofre o rexeitamento e a incomprensión dos seus compañeiros, unha lenda máxica. Segundo a tradición, nesa noite de lumes e festa, a estatua xacente da raíña Berenguela esperta do seu sepulcro de pedra na Catedral. Durante unhas horas de liberdade, a raíña pasea polas rúas compostelás espallando a súa mítica beleza entre as mulleres que atopa (de aí a expresión popular: “Vai feita unha Berenguela”) Comba descobre que a verdadeira beleza reside na forza interior.
®Algunhas impresións dos nosos/as lectores/as:
Chamoulles a atención a lenda da raíña Berenguela, poucas persoas a coñecían agás un rapaz con familia en Compostela. Tamén, como a lenda é o xermolo da obra teatral e das súas personaxes, sobre todo o xograr Reinaldos, ferido de amor por Berenguela, que percorre o reino montado no seu cabalo Sinforoso, quen xa aprendeu a replicarlle os retrousos e a levarlle a contra en todo o que di e fai; e Dorotea, doncela de Berenguela, astuta e fiel á súa dona, e adiantada ao seu tempo. Ademais, algunhas persoas animáronse a compartir co resto lecturas dramatizadas en voz alta de fragmentos, meténdose na pel das personaxes, partillando risas e desfrutando do teatro. Amor, humor e a promesa de facer unha quedada en Compostela o próximo 24 de xullo para experimentar o encontro coa raíña Berenguela e a súa maxia.


Ningún comentario:
Publicar un comentario