17 novembro 2019

CLUB DE LECTURA DE MAIORES. EL BAILE



Este ano continuamos co noso club de lectura de maiores.



Xa lemos o primeiro libro: "El baile" de Irène Némirovsky.

Aquí tedes unha reseña da autora e da obra

Irène Némirovsky naceu en Kiev en 1903 no seo dunha familia adiñeirada que fuxiu da revolución bolxevique para establecerse en París en 1919. Filla única, Irène recibiu unha educación exquisita, aínda que padeceu unha infancia infeliz e solitaria. 

Anos antes de obter a licenciatura en Letras pola Sorbona, a súa precoz carreira literaria iníciase en 1921 coa publicación do texto "Nonoche chez lextralucide" na revista bimensual Fantasio. Pero o seu salto á fama prodúcese en 1929 coa súa segunda novela, "David Golder, a primeira que viu a luz en forma de libro. Foi o inicio dunha cegadora traxectoria que consagraría a Némirovsky como unha das escritoras de maior prestixio de Francia, eloxiada por personaxes da talla de Jean Cocteau, Paul Morand, Robert Brasillach e Joseph Kessel

Con todo, a Segunda Guerra Mundial marcou tráxicamente o seu destino. Denegada en varias ocasións polo réxime de Vichy a súa solicitude de nacionalidade francesa, Némirovsky foi deportada e morreu en Auschwitz en 1942, igual que o seu marido, Michel Epstein

Sesenta anos máis tarde, o azar quixo que Irène Némirovsky regresase ao primeiro plano da actualidade literaria co enorme éxito de Suite francesa, a súa obra cume, descuberta casualmente polas súas fillas, publicada en 2004 e galardoada a título póstumo co premio Renaudot, entre outras moitas distincións. Transcorridos 75 anos desde o seu falecemento, as novelas de Irène Némirovsky foron traducidas a trinta e nove idiomas, demostrando o interese por unha autora que se sitúa sen dúbida entre os grandes escritores do século XX.

" El baile": Instalados nun luxoso piso de París, os Kampf posúen todo o que os cartos poden comprar, excepto o máis difícil: o recoñecemento da alta sociedade francesa. Así pois, co propósito de obter o codiciado premio, preparan un gran baile para douscentos invitados, un magno acontecemento social que para o señor e a señora Kampf suporá, respectivamente, unha excelente inversión e la sonada apoteose mundana. Pero en casa dos Kampf non todos comparten o mesmo entusiasmo. Ferida no seu orgullo pola prohibición materna de asistir ao ágape, Antoinette, de catorce anos, observa con amargura os axitados preparativos do baile e sinte que  chegou a ocasión de enfrentarse á sua nai, afirmarse a se mesma e realizar a súa propia entrada na idade adulta. Cun breve xesto, tan impulsivo como espontáneo, provoca unha situación absurda que culminará nun final dramático e revelador.
Dotada dunha afiada percepción psicolóxica, Némirovsky condensa en poucas páxinas unha historia onde a difícil relación nai-filla e a ansia de recoñecemento social  fúndense coa pasión pola vida e a busca da felicidade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario