23 outubro 2016

Lecturas favoritas II


En canto a lecturas de autores contemporáneos, os gustos tamén son ricos e variados. Algúns dos títulos que nos deixaron os nosos lectores e lectoras foron: En el corazón del bosque e O neno co pixama de raias de John Boyne, La ladrona de libros de Markus Zusak, Crónicas Vampíricas de Lisa Jane Smith. Unha autora moi seguida por todos eles, Laura Gallego, da que leron, cando menos: Donde los árboles cantan ou Crónicas de la Torre.



Tampouco faltou na lista de preferencias a saga completa de Harry Potter de J.K Rowling, mostrando especial entusiasmo polo último título da colección. Outros libros que tamén leron e recomendaron: El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares (Ransom Riggs), Maravilloso desastre (Jamie Mcguire), Buscando Alaska (John Green), Cazadores de sombras (Casandra Clare), El chico de las estrellas (Cris Pueyo), Los libros de A (J.A. Badal), La selección (Kiera Cass). Poderiamos seguir pero a reunión de recreo non deu para máis. Ah! e incorporáronse outros catro alumnos!!!

Lecturas favoritas I

O venres 14 de outubro reunímonos para falar dos nosos libros favoritos. Polo que se dixo, pódese desmentir esa crenza de que a xente nova non le.

Os participantes no club, mozos e mozas de entre 12 e 15 anos, intercambiaron as súas preferencias e o listado de obras e autores que nos deixan é ben variada.




Os seus intereses pasan por clásicos como O Hobbit e El señor de los anillos de J.R.R Tolkien, Las Crónicas de Narnia de C.S. Lewis ou Sherlock Holmes de Sir Arthur Conan Doyle. Tamén son apaixonados daqueles libros de Enid Blyton que tanto gustaron ás profesoras á súa idade: Los Cinco, Los Siete Secretos... , da colección de Los tres investigadores de Robert Arthur, de  La historia interminable de Michael Ende ou de Memorias dun neno labrego de X. Neira Vilas

Dos gustos por obras máis actuais, daremos conta na seguinte entrada.

20 outubro 2016

O club de lectura retoma o seu blog!


O día 30 de setembro reiniciamos a posta en marcha do club de lectura. Foi unha primeira toma de contacto e xa somos 22 alumnos e alumnas e catro profesoras (mágoa non sacarmos fotografías que inmortalizasen o momento, outra vez será!)

No primeiro encontro pensamos que, como pronto chega samaín, magosto, halloween... sería interesante que as lecturas estivesen relacionadas coa maxia, o misterio ou o mundo do alén, e iso imos facer nalgunha das sesións de outubro e novembro.

Ademais de tomar a decisión anterior, concordamos en dedicar a próxima reunión a compartir experiencias lectoras e recomendar aqueles libros que máis nos gustaron. Xa iremos contando.  




Imaxe de: Johnny Automatic en   Good Free Photos 

18 outubro 2015

Lectores, lectoras y lecturas favoritas

Unha vez rematadas as actividades propias do Club, un grupo de participantes animaronse a grabar esta serie de videos, recomendando as suas lecturas favoritas, e explicando onde os podéis atopar



Beshadu y los números...

Martín y un forro polar...


Lucía y las sagas...

Nico mitólogo...
Borja y Green...