24 xuño 2017

Entroido






O venres 17 de febreiro comezamos a quentar motores para o Entroido. Xuntámonos na Biblioteca para decorala acorde á ocasión, ao tempo que se comentaban distintas anécdotas típicas destas festas. Malia tanta actividade aínda houbo tempo para fotografías. 


O próximo ano imos ter que nomear unha comisión que se encargue destas tarefas. Ademais de ler, comentar e compartir lecturas, hai moito traballo arredor dun club deste tipo (e que siga así)









29 xaneiro 2017

Comentando lecturas!

A reunión dos días 20 e 27 de xaneiro dedicáronse a intercambiar opinións sobre as lecturas. Agora sería interesante que se compartisen no blog. A ver se alguén se anima!







Seguimos aquí

Nas reunións que tivemos os días 9 e 16 de decembro, ademais de compartir anécdotas e intercambiar puntos de vista sobre lecturas e  sobre o cotiá, repartíronse as autorizacións para unha posible excursión a Portugal. Tamén se repartiron os libros de lectura: A praia dos afogados, A cripta do apóstolo e El asesino de la corbata

Do último título, que lerá o alumnado de 1º, tiñamos volumes suficientes. Dos outros dous libros, para 3º e 2º respectivamente, ademais dos que mercamos nós, fixemos uso do intercambio entre centros. Temos que agradecerlles aos institutos de Catabois e das Telleiras a súa colaboración.





Se queredes máis información sobre estes libros, aquí van uns enlaces interesantes:

24 novembro 2016

Lendo relatos de misterio




O día 4 de novembro tivemos a nosa sesión particular de misterio. Léronse relatos de terror e mesmo Lucía nos sorprendeu cunha creación propia.