24 xuño 2017

Con Andrea Maceiras!




No Club íase ler o libro de Andrea Maceiras, Europa Express, e a autora íanos visitar en maio. Por un problema de axendas adiántase a visita ao martes 7 de marzo, así que o venres 3 repartimos os libros a fume de carozo. Como temos lectores e lectoras intrépidos sabemos que non van defraudar a ninguén e cando veña a autora terán un montón de preguntas.








Ao final non todos puideron rematar o libro, pero igualmente a visita de Andrea Maceiras foi un éxito. 




Todos os rapaces e rapazas gozaron das súas palabras, os que xa remataran Europa Express descubriron segredos novos,  os que non puideran lelo saíron con ganas de empezar inmediatamente. 





A visita da autora e este libro deron moito de si nos meses sucesivos. 




       Grazas, Andrea!

Entroido






O venres 17 de febreiro comezamos a quentar motores para o Entroido. Xuntámonos na Biblioteca para decorala acorde á ocasión, ao tempo que se comentaban distintas anécdotas típicas destas festas. Malia tanta actividade aínda houbo tempo para fotografías. 


O próximo ano imos ter que nomear unha comisión que se encargue destas tarefas. Ademais de ler, comentar e compartir lecturas, hai moito traballo arredor dun club deste tipo (e que siga así)









29 xaneiro 2017

Comentando lecturas!

A reunión dos días 20 e 27 de xaneiro dedicáronse a intercambiar opinións sobre as lecturas. Agora sería interesante que se compartisen no blog. A ver se alguén se anima!







Seguimos aquí

Nas reunións que tivemos os días 9 e 16 de decembro, ademais de compartir anécdotas e intercambiar puntos de vista sobre lecturas e  sobre o cotiá, repartíronse as autorizacións para unha posible excursión a Portugal. Tamén se repartiron os libros de lectura: A praia dos afogados, A cripta do apóstolo e El asesino de la corbata. 

Do último título, que lerá o alumnado de 1º, tiñamos volumes suficientes. Dos outros dous libros, para 3º e 2º respectivamente, ademais dos que mercamos nós, fixemos uso do intercambio entre centros. Temos que agradecerlles aos institutos de Catabois e das Telleiras a súa colaboración.





Se queredes máis información sobre estes libros, aquí van uns enlaces interesantes: