Hoxe tivemos a reunión do Club de Lectura IES Ferrol Vello para comentar o libro que limos no primeiro trimestre: "Cartas de inverno" de Agustín Fernández Paz.
Presentámolo visualizando o
booktrailer feito pola profesora do CPI As Mirandas Yolanda Castro.
Na reunión discutimos sobre os personaxes da novela, as opinións sobre o final, que non estaba moi claro, e soubemos que Xerais publicou a novela gráfica de Antonio Seijas basada nesta novela co mesmo título.
Neste
enlace tedes o booktrailer basado na novela gráfica e aquí tedes unha foto da reunión.