11 febreiro 2022

AIRE NEGRO


 



Aire negro

Agustín Fernández Paz 

 Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2001 - Lista de Honra do IBBY,2002 - Premio Protagonista Jove, 2002
Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para destruírnos.
Agustín Fernández Paz naceu en Villalba (Lugo) en 1947. Perito industrial mecánico, licenciado en Ciencias da Educación e diplomado en Lingua Galega, traballou como profesor de EGB en diferentes centros escolares e de profesor de Lingua e Literatura Galega de Ensino Secundario en Vigo. Entre 1988 e 1990 foi membro do gabinete de estudos para a reforma educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, formando parte do equipo dos Deseños Curriculares de primaria e secundaria. Membro do Consello de Cultura Galega e asesor de programa SOL da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Tivo outras ocupacións como pedagogo e editor. Tamén realizou numerosos traballos de normalización lingüística, de didáctica da lingua, de promoción da lectura, de literatura infantil, de introdución dos medios de comunicación nas aulas. A súa obra foi recoñecida con numerosos premios, como o Premio Lazarillo 1990 por Contos por palabras; Premio Merlín en 1989 por As flores radioactivas; I Premio de Literatura Infantil «Raíña Lupa» por Cos pés non aire; Premio de Literatura Protagonista Jove 2001, IBBY Honour List 2002 e White Ravens 2001 por Aire negro. A estes seguíronlle o Premio O Barco de Vapor 2003 por Ou meu nome é Skywalker e o Premio Nacional de Literatura Infantil 2008 pola súa obra Ou unico que queda é ou amor. En 2011 fíxose co VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil, que se fallou en Guadalaxara (México), «pola súa extensa obra narrativa, que aborda unha gran diversidade de xéneros e temas».

04 febreiro 2022

A BALADA DOS UNICORNIOS

             

Este foi o primeiro libro lido no grupo de lectura de 1º de ESO. A autora é Ledicia Costas, unha escritora bastante popular por este club. Tamén é a autora de Escarlatina a cociñeira defunta.

Clica aquí e verás a autora Ledicia Costas falando deste libro

Este código QR lévanos á opinión dun lector do grupo.







Día da Paz



Este ano celebramos o día da Paz na biblioteca e en todo o instituto.

Aquí tedes a Huesi, a nosa mascota cunha das nosas árbores da Paz

Na biblioteca o alumnado recortou Palomas da Paz e escribiu frases nelas para adornar as nosas árbores.

Cada titoría fixo un mural sobre un premio Nóbel da paz.






 























 





20 xaneiro 2022

A cabeza de Medusa


Este é o segundo libro lido polo grupo de adultos do noso club.

 

Hoxe tivemos a 2ª reunión do club de lectura de adultos para falar de  A cabeza de Medusa.


É unha novela sobre dúas rapazas de 2º de Bacharelato que son violadas, conta como se senten elas e como reacciona todo o seu entorno, compañeiras e compañeiros do instituto, profesorado, as súas familias e incluso as familias dos violadores.


Algúns opinamos que a historia estaba ben, pero non nos gustou o enfoque de literatura xuvenil, pero todos estivemos de acordo en que polo tratamento que fai do tema debería ser lido por todos os rapaces e todas as rapazas na ESO.


Aínda así, é unha novela que nos levou a interesantes reflexións:

  • Chamáronnos a atención as citas coas que comeza cada capítulo, fixo que nos désemos conta de que a violación está aceptada dende o comezo da historia da humanidade, ilustrado con textos da mitoloxía, do Antigo testamento ata noticias dos nosos días.
  • A inmensa maioría das mulleres sofren agresións, abusos ou acoso sexual nalgún momento ou momentos da súa vida, e cando isto ocorre é a muller a que sente responsabilidade e vergoña.
  • Como segue sendo necesaria a militancia feminista, lembrando que só busca a igualdade entre xéneros, e que moitas veces se olvida que este é o verdadeiro significado do termo feminismo.
  • Non chegamos a un acordo sobre se unha nai podería crer que o seu fillo é quen de violar a unha rapaza, pero discutimos bastante sobre o tema.
  • O difícil que é e a valentía que exixe denunciar unha violación.


Fotos das imaxes de Medusa elixidas  na clase de Latín

MEDUSA ETRUSCA




MEDUSA DE CARAVAGGIO


PERSEO E A CABEZA DE MEDUSA


A autora é Marilar Aleixandre, aquí temos un pouco da súa biografía:

Aínda que escribe en galego, é nada en Madrid en 1947 e de avoas e avós andaluces, valencianos e madrileños

Di sentir  saudade dos sitios nos que viviu, Ceuta, Doña Mencía en Córdoba e Madrid, pero dende 1973  reside en Galicia,  onde adoptou o galego como a súa lingua literaria e se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis consolidada e recoñecida.

Foi profesora de Bioloxía e Xeoloxía no Insitituto Padre Casares de Vigo e agora ensina Didáctica das Ciencias Experimentais e Educación Ambiental na facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela dende 1988.

Tamén decidimos que o noso club levará o nome da poetisa ferrolá Elvira Lacaci:

ELVIRA LACACCI (1928-1977) pertenceu á xeración poética do 27 e a súa obra está enmarcada dentro da poesía social de posguerra. Foi a primeira muller que recibiu o Premio Adonais de Poesía en 1956 por Humana voz e o Premio da Crítica en 1964 por O Leste da cidade. É tamén autora de Son de Deus, e o libro de poemas infantís Molinillo de papel. En 1965 foi incluída na Antoloxía da poesía social de Leopoldo de Luís.