31 marzo 2023

EL CORAZÓN HELADO

 


Xa tivemos a reunión para falar do novo libro lido no club: "El corazón helado" de Almudena Grandes.

É unha novela publicada en 2007, expón a vida de dúas familias, unha do bando dos vencedores na guerra civil e a outra do bando dos vencidos, cuxa historia se entrelaza en varios momentos do pasado, ata unirse na actualidade. Os tempos da narración transcurren na actualidade, en tempo de preguerra, guerra e postguerra.

Para mí é novidade que os vencidos eran dos privilexiados antes da guerra, aínda así de esquerdas que acaban totalmente desposeídos e teñen que comezar desde cero. En cambio a familia dos que saen gañando ten orixe máis humilde pero grazas á falta de escrúpulos e á usurpación dos bens dos exilados chegan a ser dos máis ricos no presente. 

Estivemos de acordo en que a historia da guerra e da postguerra é a máis interesante, lembrounos situacións vividas polos nosos avós, que aquí cerca, en Cedeira tivemos un campo de concentración, outros aprendemos cousas que no sabiamos sobre a vida dos exilados en Francia.

Outro punto no que coincidimos é que o personaxe protagonista da actualide, ao redor de quen xira a narración é demasiado egocéntrico e acapara moitísmas páxinas de máis.

Eu vexo esta obra como precursora da saga "Episodios de una guerra interminable", na que se centra na parte que máis nos gustou: guerra e postguerra. 

Neste enlace podes escoitar un podcast que nos conta a novela en unha hora. É interesante escoitalo despois de ler o libro, aparecen opinións da autora. Parece que o creador do podcast coincide con nós en que a parte menos interesante é a da historia de amor de Raquel e Álvaro. 

https://cadenaser.com/programa/2021/12/25/un_libro_una_hora/1640458810_016159.html



21 marzo 2023

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Este curso celebramos por primeira vez o día da Poesía no noso instituto.

Fixemos carteis con poesías para podelas ler polos corredores e nas clases.


















17 marzo 2023

SAN PATRICIO

 A proposta do departamento de Inglés e da profesora de ITI, coa colaboración da biblioteca, conmemoramos o día de S. Patricio. Decoramos os corredores do centro e nas clases de  Inglés e ITI fixeron traballos sobre St. Patrick. 







11 marzo 2023

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER



 Este curso conmemoramos o  día da muller na biblioteca con lectura e reflexión de frases, que logo trasladamos á nosa árbore e con preciosos carteis elaborados en ITI