Para celebrar o día de Rosalía fixemos carteis con poemas de Rosalía que distribuimos polo centro.
24 febreiro 2024
16 febreiro 2024
ENTROIDO NO IES FERROL VELLO
O pasado venres celebramos o entroido no noso instituto coa colaboración de toda a comunidade educativa. É unha das mellores festas no noso centro.
Tiñamos previsto facer as actuacións na pista e como veredes nos vídeos intentámolo a pesar da chuvia pero acabamos refuxiándonos no corredor
Aquí tedes vídeos e fotos do ben que o pasamos
02 febreiro 2024
DÍA DA PAZ
Este curso celebramos o día da Paz co alumnado de centros adscritos que nos visitou por estas datas.
Decoraron e escribiron nas palomas da paz que colgaron da nosa árbore.
19 xaneiro 2024
AS MALAS MULLERES
Xa tivemos a reunión para falar da novela de Marilar Aleixandre, parece que foi unha boa elección, hubo unanimidade en que gozaramos da lectura, aprendemos sobre Concepción Arenal e de Juana de Vega da que a maioría sabiamos moi pouco e da historia de España e da Coruña nesa época. En canto ao final houbo algún desacordo, sobre se fora feliz ou non. Aquí o deixo e animo a lelo e deixar opinións.
Concluímos que os premios foron ben merecidos.
PREMIO BLANCO AMOR 2020
PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2022
Reseña da editorial Galaxia
Unha breve biografía da autora:
e avós andaluces, valencianos e madrileños, naceu en Madrid en 1947.
Di sentir saudade dos sitios nos que viviu por mor dos destinos laborais
do pai: Ceuta, Doña Mencía(Córdoba) e Madrid. Estudou a carreira de
Bioloxía na Universidade Complutense. Alí comezou a traballar no
departamento de Entomoloxía, pero os atrancos cos que tropezou por
ser muller animárona a opositar ao ensino secundario, e así chegou
a Galicia, en setembro de 1973, como catedrática no Instituto do Calvario,
en Vigo. Implicouse na resistencia clandestina contra a ditadura:
presidiu a asociación de veciños do Calvario, participou na primeira
asociación feminista galega e despois na Asociación Galega da
Muller (AGM) Axiña adoptou o galego como a súa lingua literaria e
se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis
consolidada e recoñecida. É profesora da Universidade de Santiago
de Compostela onde ensina Didáctica das Ciencias Experimentais
e Educación Ambiental, dende 1988.
Enace a entrevista escrita de Europapress
Enlace a entrevista en Youtube
Vídeo de entrevista á autora sobre As malas mulleres
































