08 novembro 2024

Los muertos no saben nadar

 


O xoves 7 de novembro tivemos a primeira reunión deste curso do club de adultos.

Pasámolo moi ben como sempre, recibimos novos membros e falamos dos plans para este curso, lecturas que queremos ter, os nosos libros favoritos e sobre todo do libro  ponte entre o curso pasado e o actual: Los muertos no saben nadar de Ana Lena Rivera. 

É un libro divertido de ler, é novela negra pero tamén familiar, a parte da investigacións dos crimes son moi importantes as relacións da protagonista, Gracia San Sebastián, coa súa familia e amizades. Frente á maioría dos investigadores das novelas de crimes, Gracia ten unha vida familiar moi parecida á que temos nós, é algo que nos chama a atención e  que fai que sexa unha novela coa que nos sentimos cómodos e que a min dáme acougo en xeral a pesar das partes oscuras, que son moi oscuras e que si que fan que esta sexa unha novela negra.

Como se está a converter en tradición cos libros do verán fixemos ruta literaria deste libro en Xixón e Oviedo. Aquí tedes as fotos:

Aquí empieza la novela, aquí estaba el brazo

Playa de San Lorenzo

Cimadevila desde a praia de San Lorenzo

A Escalerona

Aquí toma café Santamaría


Rambal en Cimavila



O Eloxio do Horizonte en Cimavilla

Café Dindurra








Porto de Xixón



Sidrería La Galana
 onde cenaban en San Valentín Andrés del Amo e Marta Figueroa




Hotel nh, onde se aloxaba Santamaría

Teatro Campoamor


Ceando por onde pasaba Gracia San Sebastián

Catedral de Oviedo

Ópera Café, onde foi Gracia San Sebastián coa súa amiga Sarah


A nosa visita coincidiu coas actividades sobre os Premios Princesa de Asturias e visitamos na Fábrica da Vega exposicións sobre a axencia fotográfica Mágnum e Marjane Satrapi
Satrápolis: exposición sobre Marjane Satrapi










Conseguimos unha foto da axencia Magnum







Probamos o famoso cachopo aínda que
non era da nai de Gracia San Sebastián.

O parque de San Francisco

Con Mafalda



Tino Casal












19 outubro 2024

VISITA EXPOSICIÓN Asociación Española contra o cancro

 Este curso asistimos á nova exposición que preparou a Asociación Española Contra o Cancro de Ferrol na sala de Exposición do porto.





13 outubro 2024

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Este curso celebramos o día 26 de setembro: Día europeo das linguas.
Unha xornada que aproveitamos para reflexionar e dar importancia a todas as linguas do mundo, abundando no valor da nosa lingua.
















 

Fixemos guirnaldas para decorar a nosa árbore e unha exposición con libros de diferentes linguas  da nosa biblioteca

 

30 setembro 2024

CLUBS DE LECTURA 24-25

 Arrancan los Clubs de Lectura do IES Ferrol Vello. Este curso comezamos  cos clubs de lectura.



O Club de Adultos está lendo O que calan os mortos e a próxima fin de semana temos a nosa excursión á ruta literaria por Oviedo e Xixón.

Estamos coas actividades de benvida ao novo alumnado do centro e reencontrándonos cos  membros dos nosos clubs.