30 xaneiro 2025

UN CABALLERO EN MOSCÚ


 Xa tivemos a primeira reunión do 2025. Falamos de Un caballero en Moscú de Amor Towles,

unha novela que nos encantou a todas. Sempre quitamos cousas interesantes de todas as nosas lecturas e das nosas conversas posteriores pero con esta pasámolo moi ben lendo, aprendemos de desfrutar da vida, en todos os aspectos, placeres físicos e intelectuais, amizade, amor, paternidade incluso sen saír dun  edificio durnte catro décadas.

Hai unha serie que, na miña opinión, é unha boa versión da novela.

Aquí tedes un enlace ao trailer: TRAILER UN CABALEIRO EN MOSCOVA

Biografía o autor:

Escritor americano, nado en Boston en 1964, Amor Towles graduse na Universidade de Yale e estudou Literatura Inglesa en Stanford. É un apaixonado das vangardas de principios do século XX, así como do jazz.

Towles comezou a súa carreira combinando o seu traballo como director financeiro coa literatura, sendo Normas de cortesía o seu primeiro libro publicado en castelán. A novela foi traducida a máis de quince idiomas, converteuse en bestseller de The New York Times e foi considerada por The Wall Street Journal como un dos mellores libros de 2011.

A acollida do público multiplicouse coa publicación da súa segunda novela, Un cabaleiro en Moscova, que escalou ata o primeiro posto na lista de The New York Times. Este éxito permitiulle abandonar o mundo das finanzas e dedicarse a escribir a tempo completo.


21 decembro 2024

MARCHA POLA PAZ IES FERROL VELLO

 Este ano entre as celebracións de Nadal no noso IES fixemos o día 20 unha marcha pola paz, fixemos pancartas e fomos ata A Malata.














BOAS FESTAS E BOAS LECTURAS


 A Bibloteca do IES Ferrol Vello desexa a toda a comunidade educativa

 Boas Festas e Feliz 2025







DESCARGAR O ARQUIVO 

13 decembro 2024

LECCIONES DE QUÍMICA

 



Xa tivemos a reunión para falar da 3ª novela do curso: Leccións de Química.
É unha novela da que gozamos en xeral. Quizais as opinións máis negativas viñan das persoas que si sabían de Química por atopar forzado o uso da química.
Aínda que eu poda estar de acordo, é unha maneira chocante e fresca de presentar situacións moi difíciles e dramáticas dentro do ambiente da investigación científica.

Si que estivemos de acordo en que é un libro fácil de ler ao tempo que ten moitas capas. 

É unha novela ambientada nas décadas dos anos 50 e 60 do século pasado que  fala do amor de parella nuns termos de igualdade que non é doado atop, fala de homes e incluso mulleres que non aman ás mulleres, das dificultades das famiiias monoparentais de ámbolos dous xéneros, do amor polos fillos, do maltrato ás mulleres, abusos, violacións, amizade, incluso de relixión frente a ciencia.

É unha lectura que se queres podes aproveitar para reflexionar en moitos ámbitos, que incide na importancia da autoestima en non deixar que te digan se es ou non es quen de acadar os teus soños para que non teñas que renunciar a, polo menos, intentalo.

A autora Bonnie Garmus estudou Literatura Inglesa na Universidade de California en Santa Cruz e tras graduarse foi editora para un medio científico.

Para a escritura da obra serviulle a súa experiencia e tamén a súa conexión con algúns científicos, quen corroborou a veracidade dos datos sobre ciencia aos que fai alusión entre as páxinas da obra.

Ao longo da súa traxectoria Garmus traballou amplamente en campos como a tecnoloxía, a medicina e a educación.

Naceu en California en 1957. Reside en Londres xunto ao seu marido.
É redactora de textos de publicidade e marketing, directora creativa e escritora estadounidense. 

 
Aquí tedes un enlace ao trailer da serie para ver se estades de acordo coa elección dos personaxes.