13 xuño 2026

VERDADE



 Despois de ser absolto do cargo de asasinato, do que fora inxustamente acusado con 14 anos, e de demostrar a súa inocencia, Éric sae do Correccional de Menores tras catro anos de internamento feito xa un mozo. Con todo, a reinserción nunha sociedade cargada de prexuízos vaille resultar aínda máis dura: non volver caer na delincuencia cando todo ao seu redor o empuxa cara aí, continuar os seus estudos, atopar un traballo, apartar do seu barrio. Xenia axudoulle a superar unhas barreiras que lle parecían infranqueables pero, será o amor unha forza suficiente para superar as dificultades agora?

MENTIRA

              


 Esta lectura xunto con verdade foi moi emocionante e adictiva para as nosas lectoras, Mentira en concreto é o libro favorito dunha delas e valeu como porta de entrada á lectura por pracer

®Síntese:

 Xenia loita por sacar as mellores notas, estimulada pola ilusión de entrar en Medicina, pero ultimamente o seu rendemento académico está baixando. O que ocorre é que Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redor, senón dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa que comparte a súa paixón pola lectura. Xenia pretende coñecer o seu amor virtual, pero el non quere concertar unha cita. Entón decide localizalo e presentarse ante el por sorpresa. Cos poucos datos de que dispón, inicia unha investigación e descobre que todo é mentira: nin a foto nin o nome do rapaz son reais. Cal é a verdadeira identidade da súa alma xemelga? Arrepentida polo abandono dos seus estudos, confésallelo todo aos seus pais, convencida de que foi vítima dalgún desaprehensivo. Pero, de forma inesperada, recibe un paquete que lle vai revelar a identidade do rapaz co que compartiu as súas máis íntimas emocións. Procede do cárcere de menores e contén a historia dun asasino.

A NOITE DA RAÍÑA BERENGUELA

 

 

®Síntese:

https://www.imosver.com/en/libros/a-noite-da-raina-berenguela-P409980172?srsltid=AfmBOopDPCYbMFDdSfyVnf9LpupFUj9x3movo-li7Y5kurFLyd4Cf6Ts 

A historia transcorre na noite do 24 de xullo en Santiago de Compostela. Mentres a cidade celebra as festas do Apóstolo, un vello vagabundo relatador de historias cóntalle a Comba, unha nena que sofre o rexeitamento e a incomprensión dos seus compañeiros, unha lenda máxica. Segundo a tradición, nesa noite de lumes e festa, a estatua xacente da raíña Berenguela esperta do seu sepulcro de pedra na Catedral. Durante unhas horas de liberdade, a raíña pasea polas rúas compostelás espallando a súa mítica beleza entre as mulleres que atopa (de aí a expresión popular: “Vai feita unha Berenguela”) Comba descobre que a verdadeira beleza reside na forza interior.

 

®Algunhas impresións dos nosos/as lectores/as:

Chamoulles a atención a lenda da raíña Berenguela, poucas persoas a coñecían agás un rapaz con familia en Compostela. Tamén, como a lenda é o xermolo da obra teatral e das súas personaxes, sobre todo o xograr Reinaldos, ferido de amor por Berenguela, que percorre o reino montado no seu cabalo Sinforoso, quen xa aprendeu a replicarlle os retrousos e a levarlle a contra en todo o que di e fai; e Dorotea, doncela de Berenguela, astuta e fiel á súa dona, e adiantada ao seu tempo. Ademais, algunhas persoas animáronse a compartir co resto lecturas dramatizadas en voz alta de fragmentos, meténdose na pel das personaxes, partillando risas  e desfrutando do teatro. Amor, humor e a promesa de facer unha quedada en Compostela o próximo 24 de xullo para experimentar o encontro coa raíña Berenguela e a súa maxia.

 

09 maio 2026

O CORAZÓN DE XÚPITER

 

 
 

® Síntese: https://lediciacostas.com/libro/o-corazon-de-xupiter/

Conta a historia de Isla, unha adolescente apaixonada pola astronomía que se muda de cidade. No novo IES dá cun compañeiro, Carballo, que lle fai a vida imposíbel. Isla séntese soa e pensa que ninguén a comprende. A través dun foro, coñece a "Xúpiter", un rapaz enigmático co que establece unha intensa relación virtual. Pouco a pouco, vai facendo tamén outras novas amistades como Mar e Anxo. Xa acabado o curso, na noite de San Xoán, Isla coñece por fin a Xúpiter mais non todo é o que parece.

® Algunhas impresións dos nosos/as lectores/as:

A historia de Isla, a súa soidade ao cambiar de cidade e a morriña pola súa vida anterior, conectou con moitos/s lectores/as, así como o refuxio nas redes sociais. Tamén as personaxes: o desprezo por Carballo; as afinidades con Anxo e Mar. Con todo, o máis impactante, para moitos / moitas lectores / as foi o final. Xurdiron varias reflexións: houbo quen o valorou positivamente tamén porque en moitos dos libros destinados ao público adolescente adoitan ter un final xusto e positivo; e a maioría debateron sobre as apariencias, a confianza e o perigo das redes sociais.